Préstamo

Préstamo (c) 1200x225

O servizo de préstamo réxese polas Normas de préstamo do Servizo de Bibliotecas da Universidade da Coruña e está aberto a todos os membros da comunidade universitaria: o estudantado , o persoal docente e investigador (PDI) e o persoal de administración e servizos (PAS). Tamén pode acceder a el calquera persoa que solicite ser persoa usuaria autorizada externa.

 

Acceso: a tarxeta

Para acceder ao servizo tes que identificarte mostrándonos a túa TIU ou Tarxeta de Identificación Universitaria (no caso de pertencer á comunidade universitaria), ou ben a túa Tarxeta de Usuario Externo. En todo caso, se aínda non tes a túa tarxeta sempre poderás utilizar o teu DNI, ou pasaporte, para identificarte.

Inicio de sesión / A miña conta

 

VANTAXES

Ao Iniciar sesión en Crunia inicio de sesión galego, poderá:

  • Ver os seus préstamos e renovalos. Acceder ao historial dos seus préstamos.
  • Coñecer as condicións de préstamo de cada material.
  • Facer e ver as súas solicitudes e reservas.
  • Consultar o historial de préstamo.
  • Gardar buscas e rexistros preferidos.
  • Acceder aos seus favoritos: buscas gardadas, rexistros gardados e historial de busca.
  • Ver en liña os materiais electrónicos adquiridos pola Biblioteca Universitaria no caso de formar parte da Comunidade Universitaria (estudantes, PAS e PDI).

 

Dúas opcións de entrada

MEMBROS DA UDC

Os membros da Comunidade Universitaria escollen para entrar Usuario/a UDC. Non teñen que máis que introducir as credencias da UDC e o seu contrasinal.

 

PERSOAS USUARIAS AUTORIZADAS EXTERNAS

Aquelas persoas interesadas en utilizar o servizo de préstamo da Universidade da Coruña pero que non forman parte da Comunidade Universitaria teñen que encher un formulario de alta previamente. Consulta aquí o procedemento e segue as indicacións que se detallan.

Unha vez completado o proceso de alta escollerán para iniciar sesión a opción Usuario/a Autorizado/a e introducirán o seu usuario (21+DNI) e o contrasinal que escolleron durante o proceso de alta.

Préstamo

Todos os materiais bibliográficos da UDC son susceptibles de ser prestados. Algúns documentos, por razóns de uso, antigüidade ou preservación, poderán consultarse únicamente na biblioteca. (Punto 4 das Normas de préstamo).

O número de obras que poden ser solicitadas en préstamo e a duración de éste, varía segundo o tipo de usuario:

 

Tamén hai préstamos especiais en función de certas data do ano ou o tipo de material.

Renovacións

 

Pódese renovar o período de préstamo de tódolos documentos sempre que outro usuario non os solicitase, non estea o documento reservado e a persoa usuaria non teña sancións.

A renovación pódese facer a través de Crunia, (indo a "Os meus préstamos" tras Iniciar sesión), por teléfono ou persoalmente en calquera das bibliotecas.

Contabilízase a data de renovación a partir do día no que ésta é solicitada.

os meus préstamos

 

Reservas

 

Pódense facer reservas de títulos prestados ou dispoñibles. Para reservalos hai que estar identificado en Crunia. Para solicitar o reservar un exemplar, busque no catálogo e prema no material desexado. En "Obtelo" prema en "Solicitar/Reservar", ou diríxase ao persoal da súa biblioteca.

solicitar título

As reservas caducan 48 horas despois de ser recibidas na biblioteca e de que o usuario sexa avisado por correo electrónico. Pódense facer tantas reservas como exemplares se poidan sacar en préstamo.

Préstamo intercentros

 

Para que calquera persoa usuaria poida acceder aos fondos de todas as bibliotecas da UDC sen necesidade de desprazarse existe o préstamo intercentros. Calquera usuario poderá solicitar un préstamo intercentros desde calquera biblioteca ou desde Crunia, igual que como se explicou en Reservas.

As condicións do préstamo intercentros serán as mesmas que as de préstamo a domicilio.

Unha vez que chegue o documento, éste reterase na biblioteca solicitante o día da súa recepción e o seguinte, e devolverase á biblioteca prestataria ao terceiro día.

As obras de consulta en sala ou de préstamo de fin de semana non se poden solicitar por préstamo intercentros.

Préstamo interbibliotecario

Servizo de Préstamo Interbibliotecario permite localizar e obter o préstamo de obras orixinais ou a reprodución de documentos que non se encontran na Biblioteca Universitaria da UDC (BUDC). Ademais subminístra a outras institucións documentos que estean dispoñibles nas nosas coleccións.

Para utilizar este servizo o primeiro paso é rexistrarse no menú do usuario no programa de xestión de Préstamo Interbibliotecario. Os membros da comunidade universitaria poden validarse coa súa conta da UDC.

Cando recibas as túas claves xa podes acceder ao sistema:

Poden utilizar este servizo os membros da comunidade universitaria da UDC. Os alumnos de grao (agás os que estean realizando o Traballo Fin de Grao), para solicitar a alta, teñen que presentar a autorización dun profesor que xustifique a necesidade de utilizar este servizo: Impreso de autorización. Para estes usuario o servizo é gratuito sempre que no caso de ter que reproducir algún documento, o custo non supere os 60€.

Tamén poden utilizar este servizo os usuarios autorizados que dispoñan do carné de usuario externo, que asumirán os gastos derivados deste servizo.

Para máis información podes consultar as Normas de uso.

Préstamo de lectores de libros electrónicos

 

A biblioteca da UDC ofrece este servizo restrinxido aos membros da comunidade universitaria. A duración do préstamo será de 15 días e poderá ser renovado por outros 15, se non hai persoas usuarias en listaxe de agarda. O lector terá que ser devolto sempre na biblioteca onde se fixo o préstamo. A persoa usuaria é responsable do lector que se leva en préstamo e dos dispositivos que se entregan con éste (tarxeta, cable, usb e funda), ten que devolvelo nas mesmas condicións nas que o recibiu e facer un uso respectuoso do material e non modificar a configuración nin cambiar o contido da tarxeta.

Actualmente, a seguinte biblioteca da UDC conta con servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos:

  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación

 

Tipos de préstamo

Grupo de usuarios/as ao que se dirixe

Días de préstamo

Renovable

Reservable

E‐readers

Todos os grupos excepto o grupo 6

15 días

Indefinidas

Si

 

Normas de uso deste préstamo.

 

 

Préstamo de ordenadores portátiles

 

Este servizo está restrinxido aos membros da comunidade universitaria. A duración do préstamo será de seis horas, aínda que poderá ser renovado por outras seis, se non hai persoas usuarias en listaxe de agarda. A persoa usuaria é responsable do portátil que se leva en préstamo e terá que devovelo nas mesmas condicións nas que o recibiu. Se se detecta un mal funcionamento do equipo deberá comunicalo de inmediato ao persoal da biblioteca.

Actualmente, as siguintes bibliotecas da UDC contan con servizo de préstamo de ordenadores portátiles:

  • Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Biblioteca Universitaria de Oza (CC. da Saúde, Fisioterapia e Enfermaría)
  • Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa

 

Tipos de préstamo

Grupo de usuarios/as ao que se dirixe

Días de préstamo

Renovable

Reservable

Portátiles e accesorios

Todos os grupos excepto o grupo 6

6 horas

1 renovación

Si

 

Normas de uso deste préstamo.

 

Devolucións

Como parte do servizo de préstamo intercentros, podes devolver os teus libros en calquera das 16 bibliotecas da UDC. Nós encargarémonos de envialos ao centro ao que pertencen. Segundo as normas de préstamo é obrigatorio devolver os libros dentro da data límite. Mantén os teus préstamos en orden devolvendo e renovando dentro do prazo. Desta forma pódese garantir o bo funcionamento do servizo en beneficio de todos.

Sancións

 

Tendo en conta as facilidades de renovación de que dispoñen os usuarios e a flexibilidade xeográfica que ofrece o préstamo intercentros, que permite a devolución en calquera biblioteca da UDC, non hai excusas para a falta de puntualidade. O incumprimento reiterado da normativa de préstamo e devolucións suporá unha suspensión temporal do servizo de préstamo. 

 

Desde o momento da devolución, o usuario será sancionado sen poder levar libros tantos días hábiles como documentos co préstamo vencido teña e días de retraso acumule, ata un máximo de 40 días. As sancións son acumulables.

Exemplo: se o usuario ten 4 libros e se retrasa 5 días en devolvelos, será sancionado con 20 días hábiles (4 semanas, se non hai festivos no medio) sen poder levar documentos en préstamo

 

Ademais, o deterioro ou perda de libros suporá a súa reposición por outro exemplar da mesma edición. A dirección da biblioteca á que pertenza o documento extraviado escollerá un de características similares no caso de estar esgotado. A secretaría do centro pode requerir ao estudantado e aos traballadores da UDC (PDI ou PAS), no momento en que solicitan o seu título ou rematan a súa relación laboral coa universidade, que regularicen a súa situación coa biblioteca no caso de ter préstamos pendentes coa fin de asegurar a devolución ou reposición dos documentos (art. 5.5 das Normas de préstamo da biblioteca da UDC).

 

Os usuarios recibirán na conta de correo electrónico da UDC avisos de reclamación de documentos non devoltos e notificacións de sancións. Cómpre manter a conta de correo libre de espazo para que os emails non cheguen de volta ao servizo.