Preinscrición |
Convocatoria XUÑO (ORDINARIA) |
Convocatoria XULLO (EXTRAORDINARIA) (non se ofertan as titulacións coas prazas esgotadas) |
Prazo solicitude (Nerta) |
13 – 26 xuño ás 14h |
17 – 21 xullo ás 14h |
Prazo (estranxeiros-credencial homologación ou UNED) |
13 – 26 xuño ás 14h (prazo límite: 8 de xullo para entrega da credencial e modificar nota de 5) No LERD |
17 – 21 xullo ás 14h |
Titulados Universitarios (só pola cota de titulados) |
14 a 21 xullo ás 14h No LERD |
No caso de titulados que soliciten praza cun titulo oficial de Máster oficial, deberán achegar, ademais, certificación académica oficial do titulo ou títulos universitarios oficiais que o faculte para o acceso aos estudos oficias de Máster. A súa Nota de Admisión será a media ponderada do título de Grao ou equivalente e do título de Máster. |
PRAZO ESPECIAL para estudantes de outros distritos con PAU en setembro |
Estudantes de FP que remataron os seus estudos en data posterior a preinscrición extraordinaria. |
22 - 26 setembro ás 14h No LERD (só nas titulación ofertadas na c. extraordinaria) |
No caso do estudantado de Formación Profesional DUAL pertencente a centros de Galicia que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalente na convocatoria ordinaria do curso 2024/25, e que estea pendente de titularse por non ter finalizado algún módulo de formación en coordinación con empresas ou centros de traballo e, se é o caso, o módulo de proxecto, a súa cualificación de acceso será un 5,000 á que se lle sumará para a súa admisión a nota que corresponda da parte voluntaria, se é o caso. A súa admisión é provisional e queda condicionada a que acade o título na convocatoria ordinaria deste curso 2024/25, e faga o depósito do título de forma inmediata. Este alumnado terá que facer a preinscrición no LERD.
Chamamento | Listaxe de Admitidos | Prazo de matrícula |
1º | 8 de xullo | 9 ao 10 de xullo |
2º | 14 de xullo | 15 ao 16 de xullo |
3º | 18 de xullo | 19 ao 21 de xullo |
4º |
24 de xullo (1ª Extraordinaria) (1ª Titulados) |
25 ao 28 de xullo |
5º | 29 de xullo | 30 ao 31 de xullo |
6º | 3 de setembro | 4 ao 5 de setembro |
7º |
10 de setembro (orientativa) |
11 ao 12 de setembro |
8º |
24 de setembro (orientativa) |
25 ao 26 de setembro |
9º |
10 de outubro (orientativa) |
11 ao 13 de outubro |
LERD's UDC
Horario de atención ao público (PAU-PREINSCRICIÓN): de 09:00 h a 14:00 h
A Coruña: lerdcoruna@udc.gal -- Teléfonos: 881 011 964, 881 011 190, 881 011 961, 881 012 915, 881 011 192
Ferrol: lerdfer@udc.gal -- Teléfonos: 881 013 650, 881 013 672, 881 013 675
INFORMACIÓN PAU 2025 (datas provisionais)
Convocatoria ordinaria: 3, 4 e 5 de xuño
Convocatoria extraordinaria: 1, 2 e 3 de xullo
Cota de reserva para colectivos
Colectivo | Porcentaxe |
Titulados Universitarios | 1 % |
Discapacitados (igual ou superior ao 33%) | 5 % do colectivo xeral |
Deportistas de alto nivel ou alto rendemento |
3 % (Fisioterapia e CC. Actividade Física e do Deporte 8%) |
Deportistas, de alto nivel e de alto rendemento deportivo, e persoas adestradoras e técnicas, xuíces e xuízas e árbitros e árbitras galegas de alto nivel deportivo (Decreto 165/2020) |
2% CC. Actividade Física e do Deporte |
Maiores de 25 anos | 2 % |
Maiores de 45 anos | 1 % |
A solicitude de acceso poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establezan (NERTA) excepto os casos indicados na convocatoria.
Cada alumno/a poderá tramitar unha única de solicitude, na que indicará -por orde de preferencia vinculante- ata un máximo de cinco titulacións diferentes nas que desexa matricularse, podendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.
É fundamental a orde de preferencia, posto que o alumno/a será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último alumno admitido. Unha vez admitido nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.
É imprescindible indicar correctamente o código das titulacións ás que se solicita acceso, xa que a asignación de prazas faise informaticamente a partir deste código que indica o nome da titulación e o campus no que se imparte.
Lembre que é obrigatorio confirmar a súa listaxe de agarda logo da publicación de cada listaxe de admitidos durante o prazo de matricula que se establece para esa quenda. De non facelo se liberarán as prazas en todas as titulacións solicitadas con estado "en espera".
Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán prazas nas ensinanzas universitarias que teñan a matrícula cuberta na convocatoria ordinaria, ou aquelas nas que a CIUG considere que existen datos obxectivos que permitan prever esa circunstancia. En todo caso, non se poderán deixar prazas vacantes previamente ofertadas mentres existan solicitudes formalizadas dentro dos prazos establecidos.
O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas, no prazo de tres días hábiles, a través do formulario que estableza a CIUG
Os/as titulados/as universitarios/as e o alumnado coas probas de maiores de 25 ou maiores de 45 superadas, disporán dun único prazo de solicitude correspondente á convocatoria ordinaria (ver calendario).
O alumnado solicitante da cota xeral, que reúna os requisitos para solicitar acollerse as cotas de prazas reservadas para estudantado con Discapacidade e Deportistas de Alto Nivel - Alto Rendemento, poderán facer uso desta posibilidade coa debida acreditación establecida na convocatoria.