Graos abertos

Mediante os graos aberto na UDC, no seu obxectivo de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, posibilita que un estudante poida comezar os seus estudos na universidade sen necesidade de decidir inmediatamente o grao que cursar. Temos dúas alternativas:

  • Ciencias Sociais e Xurídicas, no Campus da Coruña 
  • Enxeñaría Industrial, no  Campus de Ferrol

Están pensados para aquel alumno que, tendo a nota de acceso para varios graos, non quere decidirse aínda por ningún e prefire darse un tempo para descubrir que grao é o que finalmente máis lle motiva. Para isto, os graos abertos combinan materias de varios graos da mesma rama de coñecemento. O estudante ten un curso académico, no que poderá ir cursando materias dos diferentes graos integrados no programa, para decidir cal será o seu grao destino.

Tamén están dirixidos a aqueles estudantes que desexan enriquecerse da transversalidade do seu currículo académico, debido a que ao finalizar o período en que un estudante pode estar no grao aberto e unha vez decidido o grao que cursará finalmente, pode continuar a súa formación multidisciplinar a través do Programa de Formación Complementaria, no que poderá matricularse de materias dos diferentes graos que compoñen o programa para completar a súa formación. 

Unha boa parte dos créditos que fagan serán recoñecidos no grao de destino, os que non, constaranlles igualmente no seu expediente académico e no seu Suplemento Europeo ao Título.

Sempre contarán co asesoramento e acompañamento dun titor que lles axudará a ir definindo a súa traxectoria académica.

Grao aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas

Na rama de Ciencias Sociais e Xurídicas, oferta 10 prazas.

Os graos incluídos na oferta son:

  • Grao en Administración e Dirección de Empresas,
  • Grao en Dereito,
  • Grao en Economía,
  • Grao en Ciencias Empresariais,
  • Grao en Socioloxía,
  • Grao en Turismo e 
  • Grao en Educación Social

Desenvolvese no Campus da Coruña. O centro coordinador é a Facultade de Economía e Empresa.

Os Centros responsables da implantación das materias do programa son: Facultade de Economía e Empresa, Facultade de Dereito, Facultade de Socioloxía, Facultade de Filoloxía e  Facultade de Ciencias da Educación.

Máis información:

Grao aberto en Enxeñaría Industrial

Na rama de Enxeñaría e Arquitectura, oferta 8 prazas.

Os graos incluidos na oferta son:

  • Grao en Enxeñaría en Tecnoloxía Industrial,
  • Grao en Enxeñaría Mecánica,
  • Grao en Enxeñaría Eléctrica e
  • Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática

Desenvólvese no Campus de Ferrol na Escola Politécnica de Enxeñaría.

Máis información: