Deberá subirse á plataforma informática preferentemente en formato PDF a documentación correspondente. Cada documento que se suba á plataforma deberá identificarse co nome do documento de que se trate. 
 
Poderá presentarse unha única solicitude de preinscrición por opción de estudo e curso académico e indicarase, por orde de preferencia, ata un máximo de seis opcións de estudo diferentes.

Se ten problemas para acceder á aplicación, siga os seguintes pasos:

  • Comprobe a conexión do ordenador e probe con outro navegador.
  • Comprobe que, nas preferencias do navegador, non teña bloqueadas as ventás emerxentes. Para iso, entre no navegador e permita as devanditas ventas emerxentes.
  • Tamén pode entrar en Ferramentas/Opcións/Seguridade/Excepcións e dar permiso á páxina. 
  • Se o problema persiste, contacte a través do correo electrónico: unidade.sigma@udc.gal 

Guía solicitude de Preinscrición

Ir a