A comisión académica/de selección do máster será a competente para resolver sobre a admisión nos estudos de máster. Para iso, establecerá e aplicará os criterios de baremación, que se reflectirá na nota de admisión en cada opción de estudos, e modificará o estado das solicitudes na aplicación de preinscrición, que poderá ser:
a) Admitido/a: cando unha solicitude cumpre os requisitos de acceso e admisión e, tras aplicar o baremo establecido pola comisión académica/de selección, lle corresponde unha das prazas ofertadas nesta opción de estudos.
b) Listaxe de agarda: cando a unha solicitude que cumpre os requisitos de acceso e admisión non lle corresponde unha praza, tendo en conta o baremo establecido pola comisión académica/de selección e o número de prazas ofertadas.
c) Denegado/a: cando unha solicitude non cumpre os requisitos de acceso e/ou admisión para esa opción de estudos.