Achégate á UDC

Destinatarios

O estudantado de bacharelato e de ciclos formativos de grao superior.

Obxectivos

Coas actividades que se detallan a continuación pretendemos que o futuro estudante universitario coñeza, de primeira man, os títulos de grao que se imparten na Universidade da Coruña.

Xornadas

Xornada de Portas Abertas 2026

Descubre o teu futuro na nosa Xornada de Portas Abertas!

Vén a coñecer a nosa universidade:

  • Campus da Coruña: días 12 e 13 de marzo de 2026 en horario de tarde.

Explora as nosas instalacións, coñece en detalle a nosa oferta académica e sumérxete na vida universitaria a través de encontros co profesorado e estudantado, que te guiarán en visitas e actividades deseñadas para que vivas a experiencia de primeira man.

Inscríbete nos centros do teu interese, seleccionando o horario que sexa mellor para ti.

Recibirás un agasallo especial: unha bolsa exclusiva da UDC. Esperámoste!

Inscrición na Xornada

Xornada co persoal dos Departamentos de Orientación de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior

No marco do Programa de Difusión da Oferta Académica dos Graos que se imparten na Universidade da Coruña (UDC), comprácenos invitalo/a a participar na Xornada co persoal dos Departamentos de Orientación, que terá lugar o xoves 12 de febreiro de 2026, na Facultade de Dereito.

ORDE DO DÍA

Inscrición na Xornada

Programas de divulgación

Charlas de divulgación científica

A UDC ten unha ampla oferta de charlas/obradoiros, en liña e presenciais, de divulgación científica coa que, profesorado e investigadores, achegarán ao voso alumnado, de xeito ameno e diferente, a ciencia e a investigación que se desenvolve na nosa universidade. 

Oferta actividades de Divulgación Científica

Programa "Entra no Futuro"- Embaixada UDC

Neste programa o profesorado da UDC visitará o seu centro e impartirá unha charla presencial sobre a Universidade, as titulacións de grao, as bolsas e a vida universitaria.

Solicitude e Rexistro de Charlas polo Centro educativo

Visita á UDC

Visita as Facultades e Escolas

O centro educativo pode organizar visita ás facultades/escolas para grupos de estudantes.

Para concertar a visita deben contactar coa persoa indicada en cada centro.

Amplia a información e os datos de contacto

Visita os Centros de Investigación da UDC

Os Centros de Investigación, de referencia nacional e internacional, abren as súas portas para que o voso alumnado poidan coñecer, dende dentro, que investigación se fai na UDC.

Amplia a información e os datos de contacto

Visita os Institutos Universitarios da UDC

Os Institutos Universitarios da UDC abren as súas portas para que o voso alumnado poida coñecer as actividades que desenvolven.

Amplia a información e os datos de contacto

Outras accións de difusión

Olimpíada Informática Galega (OIG) 2026

A Facultade de Informática da UDC acollerá a Olimpíada Informática Galega 2026 (OIG 2026), que se celebrará o vindeiro 6 de febreiro.

A OIG permitirá seleccionar a dous representantes galegos para participar na XXX Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará do 10 ao 12 de abril de 2026 na Escola de Enxeñaría en Informática da Universidade de Valladolid. De aí, os gañadores poderán acceder á Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará en agosto do vindeiro ano en Uzbekistán.

 

Preinscrición

XXXVII Olimpíada de Física-Fase Local 2026

O venres 6 de marzo de 2026, ás 16:00 h e de xeito presencial, a Facultade de Ciencias da UDC acollerá a Olimpíada de Física. Nesta olimpíada pode participar estudantado de Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Medio ou Superior que estean a cursar nun centro educativo da Comunidade de Galicia.

Circular XXXVII Olimpíada Física 2026

Premios: Os dous primeiros postos na clasificación da Olimpíada 2026 accederá de xeito directo á fase final da Olimpíada de Física-Fase Nacionalque terá lugar entre o 10 e o 13 de abril de 2026 en Zaragoza.

Plazo de inscrición: ata o luns 2 de marzo de 2026

VI Olimpíada de Enxeñaría na Edificación - Arquitectura Técnica

Este concurso está destinado ao estudantado da ESO, Bacharelato e de Ciclos Formativos de grao medio e superior.

A Olimpíada desenvólvese en dúas etapas e por niveis académicos, a primeira é a nivel rexional, os gañadores rexionais de cada nivel académico, pasarán á final nacional. 

Neste documento atópase toda a información sobre o concurso: Bases da convocatoria da VI Olimpíada

Fase I: Inscrición. Ampliación do prazo ata as 23:59 do 15 de febreiro de 2026

Formulario de Inscrición: https://forms.office.com/e/Mhe6iZ96bf

Fase II: Realización do Proxecto. Do 1 de febreiro ao 10 de abril

A data límite de entrega do Proxecto é o 10 de abril de 2026 as 15:00h (hora peninsular).

"Vídeos pola Igualdade"

I Premio da Cátedra ALDABA-WIB ao mellor vídeo en materia de promoción da participación da muller no desenvolvemento das TIC

O obxectivo principal destes premios é espertar o interese da poboación feminina polo ámbito tecnolóxico e apostar por un futuro tecnolóxico máis igualitario a través de pezas breves para redes sociais que derruben estereotipos. 

A convocatoria pódese consultar neste enlace.

  • Temática: vídeos curtos sobre a muller nas TIC, estereotipos de xénero ou plans de futuro das mozas no sector.
  • Dirixido a: estudantado de 1º ou 2º curso da ESO de calquera centro educativo de Galicia.
  • Prazo de presentación: ata o25 de marzo de 2026 ás 23:59 horas.
  • Dotación do premio: 1.000 € destinados á compra de libros ou material informático para o centro gañador.
  • Entrega de premios: o 23 de abril de 2026, coincidindo co Día Internacional das Nenas nas TIC, no centro gañador.
Para calquera dúbida ou aclaración, contactar no enderezo: premios@wib.aldaba.es 
 
Todas as solicitudes deberán enviarse antes do 25 de marzo de 2026 ás 23:59 horas CET
 

STEAM 2025-2026

Ponse en marcha a edición 2025-26 de Inspira STEAM, un programa para fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas da mocidade, especialmente entre as rapazas.
 
Anotade os pasos a seguir se queredes ser parte desta experiencia:
  1. Rexistrádevos na intranet como mentoras/mentores ou centro educativo: https://intranet.inspirasteam.net/
  2. Activade a Inscripción na edición 2025-26.
Achegamos carta informativa do proxecto para ampliar a información (obxectivos, alcance, etc.).
Data límite para apuntarse: 20 de setembro de 2025

STEMbach

O STEMbach ou Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, pensado tanto para a modalidade de Humanidades como para a de Ciencias e creado ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital, promove a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario.

Calquera outra dúbida será atendida a través do correo de contacto da coordinación STEMbach na UDC: stembach@udc.gal

 

 

Outros enlaces de interés

Neste espazo atoparás información básica da UDC que facilitará o teu inicio na Universidade.

 

 

Ofrece regularmente cursos de alemán, francés, inglés, italiano, portugués e español para estranxeiros. Os cursos de linguas estraxeiras poden ser cuadrimestrais ou intensivos (verán), e a súa duración establécese en función da súa dificultade e nivel do idioma. 

Promove a formación dentro da UDC, así como atende ao desenvolvemento de iniciativas que promovan a innovación dentro do sistema educativo.