A Universidade da Coruña dentro das actividades de difusión da súa oferta académica organiza para os centros de educación secundaria, bacharelato e formación profesional o programa "Entra no Futuro".
Neste programa un/unha profesor/a, como embaixador/a da UDC, visitará un centro educativo de Galicia e impartirá unha charla presencial sobre a Universidade, as titulacións de grao, as bolsas e a vida universitaria.
Para participar neste programa seguirase o seguinte procedemento que comprende dúas fases:
Fase 1 - Solicitude de charla polo centro educativo
O centro educativo solicitará unha charla mediante un formulario electrónico, no que se solicitan os datos da persoa responsable do centro e a proposta de tres posibles datas para a realización da charla.
O Servizo de Estudantes comunicaralle ao centro por correo electrónico os datos de contacto do/a profesor/a que impartirá a charla para que acorden directamente a data e hora da charla.
Fase 2 - Rexistro polo centro educativo da charla acordada
Unha vez acordada a data e o horario definitivo da charla co profesor/a-embaixador/a asignado, o centro educativo deberá rexistrala neste segundo formulario.
Logo da impartición da charla recibirá unha enquisa de satisfacción sobre a actividade realizada.
Durante todo o proceso recibirán distintos correos electrónicos informativos do progreso da súa solicitude.
Para calquera consulta ou aclaración poden dirixirse a: sape.difusion@udc.gal