Secretaria xeral

Licenciada en Dereito e doutora en Dereito con Premio Extraordinario. Catedrática de Dereito Administrativo.

Docente de Dereito Administrativo en varias titulacións, principalmente no grao e nos mestrados da Facultade de Dereito.

Autora de cinco monografías, un libro en coautoría, máis de 50 capítulos en obras colectivas e máis de 100 artigos en revistas xurídicas. Dirixiu 5 teses de doutoramento e participou en máis de 30 proxectos de investigación internacionais, nacionais e autonómicos. No seu currículo destacan varios contratos LOU, especialmente con Administracións Públicas.

Foi membro do equipo redactor do informe sobre Problemas xurídico-administrativos planteados polo Prestige (2002) e formou parte dos equipos redactores das leis de vivenda de Galicia (2007-2008) e de ordenación do litoral de Galicia (2022-2023).

Exerceu o cargo de Secretaria Xeral da UDC entre os anos 2001 e 2004. Foi coordinadora do mestrado en Asesoramento Xurídico Empresarial (2006-2008), e do mestrado en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial (2023). Secretaria da Comisión Académica do Programa de Doutoramento Internacional en Dereito Administrativo Iberoamericano (2013-2015), e responsable de Igualdade na Facultade de Dereito.

Exerceu como Maxistrada Suplente no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia entre 2011 e 2014 e foi Directora dos Servizos Xurídicos co Concello da Coruña entre 2015 e 2019.

Ten recoñecidos cinco quinquenios docentes e catro sexenios (tres de investigación e un de transferencia).