A Universidade da Coruña ten unha bandeira institucional co seu escudo e cores oficiais.
Esta bandeira deberá estar presente en todos os actos académicos solemnes. Cando a bandeira da Universidade comparta espazo con outras bandeiras oficiais, deberá colocarse respectando a orde correcta, tendo en conta o número total de bandeiras e a situación do lugar.
A bandeira da Universidade poderá empregarse xunto coa bandeira de España, e a da Comunidade Autónoma de Galicia, consonte a seguinte precedencia institucional (todas as referencias á colocación das bandeiras enténdense desde a perspectiva do público asistente).
1. A bandeira de España ocupará sempre un lugar destacado e de honra.
2. A bandeira da Comunidade Autónoma de Galicia
3. A bandeira da UDC, sempre que sexa posible, situarase fóra desta orde oficial, na mesma liña, separada das bandeiras oficiais, á dereita do conxunto.

En caso de colocar bandeiras na entrada dos edificios, a orde será a seguinte (sempre que estean presentes todas as bandeiras):