Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC)

http://www.citic.udc.es/

O CITIC é un centro de investigación singular que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC. Impulsado pola Universidade da Coruña, o CITIC é un punto de encontro entre a Universidade e a empresa en que conflúen departamentos de I+D de empresas do sector TIC con investigadores procedentes do ámbito universitario.

No ano 2016, o CITIC recibe o distintivo de “Centro singular de investigación de Galicia” 2016-2019. É o único centro TIC de Galicia recoñecido con este distintivo, cofinanciado pola Xunta de Galicia e mais pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. En 2019 renova esta acreditación, pasando a denominarse “Centro de Investigación do Sistema Universitario de Galicia” 2019-2022.

Regulamento do CITIC (data de publicación: 12.05.2020)

Plan Operativo FEDER Galicia 2014-2020 “Unha maneira de facer Europa”

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través da resolución do 13 de decembro de 2019 (DOG núm. 7 de 13 de xaneiro de 2020) pola que se conceden as axudas da Orde de 19 de setembro de 2020 (DOG núm. 182, de 25 de setembro de 2019) pola que se establecen as bases reguladora e convoca as axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do SUG, reconoce ao CITIC como “Centro de Investigación de Galicia” para o período 2019-2022.

Coa axuda obtida, o CITIC poderá consolidar o coñecemento científico avanzado e excelente das súas áreas de investigación, mellorar a profesionalización, aumentar a capacidade de transferencia tecnolóxica e potenciar a súa internacionalización.

PO FEDER Galicia 2014-2020.

Operacións cofinanciadas pola Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co el obxectivo temático de “promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”

Unha maneira de facer Europa.

 

pie_logos