Co Grao en Máquinas Navais adquirirás os coñecementos técnicos necesarios para garantir a óptima operación, mantemento, deseño, redeseño e xestión das instalacións do buque, estes contidos garanten a adquisición das competencias STCW (Standards of Training, Certification and Watchkeeping), que habilitan para o exercicio da profesión de Oficial de Máquinas e de Oficial Electrotécnico (ETO) da Mariña Mercante.
Alcanzarás unha formación científico-tecnolóxica moi ampla, que tamén che permitirá aplicar a metodoloxía e a técnica da enxeñería nun extenso abanico de actividades do sector enerxético, industrial, oficina técnica, produción de equipos, xestión e administración.
Tríptico Grao en Máquinas Navais (descarga en pdf)
Nesta ligazón pódese ver unha presentación do Grao en Máquinas Navais
O curso ponte ou de adaptación ao grao para estudantes procedentes de plans de estudos anteriores ao EEES (diplomatura/licenciatura) pódese consultar na seguinte ligazón.
Os/as estudantes que se cambian do plan de estudos do grao en Tecnoloxías Mariñas a Máquinas Navais poden consultar as convalidaciones de materias na seguinte ligazón.
*Os/as estudantes da ETSNM obteñen todos os certificados marítimos esixidos para o embarque de forma gratuíta cos seus estudos de Grao.
Estudantado admitido para iniciar unha titulación de grao na UDC segundo as listaxes que se poden consultar a través do programa NERTA
Prazos: calendario de preinscrición e matrícula
Acceso á matrícula
Prazo: pendente de aprobación
RÉXIME DE CAMBIO DE UNIVERSIDADE E/OU ESTUDOS UNIVERSITARIOS OFICIAIS ESPAÑOIS
Prazo de solicitude: de 1 de xullo ata o día 26 de xullo de 2024 (14.00 horas –horario peninsular español)
Solicitantes: