No marco do proxecto PID2021-125898NB-100 “Implicación parental de calidade: consecuencias para o compromiso escolar e o benestar do estudante” -financiado por MICIU/AEI/10.13039/501100011033 e por FEDER, UE- deseñouse e elaborouse un audiovisual animado en formato pizarra branca dirixido a pais e nais.
O seu obxectivo é ofrecer orientacións baseadas na evidencia científica para promover unha implicación parental de calidade.
Publicado por: Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa