Programa UDC-Connect

Unha das actividades que recolle o proxecto STARS4UDC é a de creación do Programa UDC-Connect. Esta é unha iniciativa destinada a integración de persoal de investigación internacional  que se una á nosa universidade. Este programa asignará a cada novo membro un/unha compañeiro/a de ruta voluntario/a do persoal da UDC que actuará como guía e fonte de apoio durante o período inicial de adaptación na UDC e nas cidades da Coruña ou Ferrol.

O obxectivo principal do Programa UDC-Connect é facilitar a integración e adaptación do persoal de investigación internacional á súa nova contorna académica e social. Os obxectivos específicos inclúen:

  • Prover apoio personalizado ao persoal investigador internacional para facilitar a súa adaptación á UDC e a vida na Coruña ou Ferrol;
  • Fomentar unha comunidade inclusiva e de apoio dentro da UDC;
  • Asegurar que o persoal investigador se sinta benvido e valorado; 
  • Promover o intercambio cultural e profesional entre o persoal da UDC e o novo persoal investigador.

Formulario de inscrición
(Persoal de investigación)

Se es novo persoal de investigación na UDC, enche este formulario para optar aos servizos do programa UDC-Connect

Inscrición

Formulario de inscrición (Compañeiro/a de ruta)

Se xa es membro da UDC e queres actuar como compañeiro/a de ruta, enche este formulario

Inscrición