Goretti Paz González, estudante de Educación Social, viaxa a India coa ONG Escola Shantidi de Lugo (nome que ten o seu significado, xa que, Shanti significa paz en hindi e didi irmá maior). O proxecto no que participará chámase “Outra perspectiva”. Este é un proxecto educativo, no que a PCR cooperará en tres comunidades da India (Jaipur, Gaya e Andhra Pradesh). Algunhas das actividades que levará a cabo serán clases de inglés dirixidas á xuventude india, e algunhas clases en inglés como matemáticas, ensinar o alfabeto, educación física, etc. Tamén levará a cabo diferentes actividades de sensibilización para nenas e mulleres, que serán de diferentes temáticas, talleres de educación afectiva e talleres de diversidade cultual.
Andrés Suárez Bueno, É estudante de Educación Social. Viaxará a Honduras, concretamente a Choluteca, coa ONG Solidariedade Internacional de Galicia. Participará nun proxecto de accións de Axuda Humanitaria que se desenvolven en 5 comunidades do Municipio de San Marcos de Colón, cuxas condicións de vida se viran gravemente afectadas pola sequía dos furacáns ETA e IOTA e a COVID-19. Ante esa realidade, proponse un proxecto que contribúe a reforzar as acapacidades de resposta das 5 comunidades a través dunha triple abordaxe: o fortalecemento das capacidades dos organismos municipais e locais, a atención ás necesidades alimentarias básicas de 300 familias e a mellora das condicións de bioseguridade.
Julia González Méndez, alumna de simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito, viaxará coa ONG Semilla para el cambio á India. O seu proxecto consistirá nunha estancia para realizar as prácticas de formación académica da alumna mediante a cooperación e participación no programa de acción en Varanasi (India) da ONG “Semilla para el Cambio” fundada na Coruña e con proxecto de acción en Varanasi (India). A alumna actuará dende unha vertente práctica implicándose na liña de traballo do equipo de administración, xestión e dirección da organización, poñendo en práctica os coñecementos e
habilidades adquiridos os seis anos de formación, tanto no ámbito empresarial coma no do Dereito.