O Plan de PRL da UDC ten como finalidade referir as directrices e pautas que debe seguir a estrutura organizativa en materia preventiva e definir as responsabilidades de todos os niveis xerárquicos para conseguir que o persoal se implique nas políticas preventivas e desenvolva unha xestión participativa, que aproveite as capacidades de todas as persoas implicadas.
Este documento é unha ferramenta clave para implementar con éxito un sistema de xestión preventivo e de promoción da saúde e a seguridade da comunidade universitaria.
A integración da súa filosofía e o seu seguimento é fundamental para asegurar que as actividades se desenvolvan en condicións axeitadas de seguridade e benestar.