A Universidade da Coruña comprométese a ofrecer un contorno académico e laboral seguro e saudable para toda a comunidade universitaria.
A través da política de Prevención de Riscos, o equipo de goberno reafírmase na responsabilidade de proporcionar os recursos necesarios para acadar con éxito este cometido, para o que conta co traballo do Comité de Seguridade e Saúde da UDC e do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, como instrumentos que canalicen as actuacións da Universidade nesta materia.
A colaboración de toda a comunidade universitaria é esencial para lograr un ambiente seguro e contribuír á mellora continua das nosas condicións de traballo e estudo.
Documentos relacionados:
Política de seguridade e saúde da UDC
Decálogo de principios e compromisos da UDC
Política de seguridade e saúde da Crue
Resolución reitoral sobre delegación de competencia no xerente en materia de prevención de riscos laborais