O Atlántico como territorio de investigación (Reciprocidades)

 

As transformacións da contorna construída teñen un impacto nas paisaxes mariñas (calidade da auga, biodiversidade, sedimentos, pesqueiras), e viceversa: a dinámica mariña (temporais, erosión, nivel do mar) reconfigura e desafía nosas formas de habitar o litoral.

Considerar o Arco Atlántico como un espazo común permite estudar as continuidades e descontinuidades entre costas, illas e estuarios, máis aló das fronteiras administrativas. Son de interese as geohistorias da conectividade (pesca, cabotaxe, migracións, industria conserveira, roteiros do bacallau, a sardiña e a balea), así como as infraestruturas contemporáneas (enerxía mariña, dixitalización e loxística), e tamén as redes e dinámicas sociais e comunitarias que sustentan a vida marítima, os mecanismos de cooperación local e as estratexias participativas para a adaptación climática e a resiliencia comunitaria en contextos de risco.

Desde esta perspectiva, xorden preguntas crave: que cartografías relacionales describen o Arco Atlántico?, como se entrelazan os seus ciclos produtivos, os seus réximes portuarios e as súas culturas materiais?, que papel xogan a arquitectura participativa e o codiseño na rexeneración de espazos litorais e na inclusión das comunidades na toma de decisións?