INSCRICIÓN

As persoas interesadas en participar no Architectures of the Sea: Atlantic Ocean deberán formalizar a súa inscrición a partir do 1 de abril de 2026.

 

Modalidades e cotas de inscrición:

Autores/as de comunicacións (cota reducida)*      50€        (ata o 30/06/2026)
Autores/as de comunicaciones*    100€      (ata o 30/07/2026)
Xeral (sen comunicación)  30€
Socios/as SEALabHaus              Gratis

Todas as modalidades de inscrición dan dereito a asistir a todas as actividades organizadas no marco do congreso (que se irán actualizando na web), a recibir un exemplar do Libro de Resumos, a desfrutar dos coffee breaks programados e a obter un certificado correspondente á modalidade de inscrición seleccionada.

O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria a través da plataforma de inscrición.

 

 *O pagamento é imprescindible para que a comunicación poida ser presentada no congreso e incluída no Libro de Resumos. No caso de comunicacións con máis dunha autoría, é necesario que polo menos unha das persoas autoras —a que presente o traballo— estea inscrita.

As/os autoras/es das comunicacións poden inscribirse (opcional) a Cea de gala do venres 30 de outubro do 2026.

 

INSCRICIÓN