Este programa formativo, de nova implantación no curso académico 2025/2026, está dirixido ao alumnado en lista de agarda para o primeiro curso do Grado Sénior na sede da Coruña, así como as persoas egresadas de dito programa. Cunha duración de un curso académico, ofrece una primeira toma de contacto coa Universidade Sénior para os que acceden por primeira vez e unha opción de continuidade para os que xa finalizaron o grado.
Trátase dun programa de educación continua orientado as persoas maiores de 50 anos, en situación laboral non activa, interesadas en ampliar os seus coñecementos en distintas áreas do saber.
O programa estrutúrase en tres módulos, cada un centrado nun área temática específica:
Módulo 1: Humanidades e Ciencias Sociais
“Comprender a arquitectura: elementos, historia e significado". Profesor Antonio Río Vázquez
Este módulo ofrece un panorama xeral da historia da arquitectura occidental, desde as orixes ata o século XX, explicando as características fundamentais de cada época e poñendo en relación as obras paradigmáticas a nivel internacional cos exemplos máis próximos. Empregarase un enfoque que permita entender os conceptos elementais sen unha formación específica.
Obxectivos:
Módulo 2: Ciencia e Tecnoloxía
"Ciencia para todos". Profesor Juan José Galán Díaz
Este módulo ofrece unha comprensión accesible dos contidos científicos e tecnolóxicos que adoitan aparecer nos medios de comunicación. Está deseñado para que todos os alumnos, sen necesidade dunha formación científica previa, poidan entender estes temas de maneira sinxela.
Obxectivos:
Módulo 3: Ciencias da Saúde
"Deseñados para o movemento". Profesora Esther Fernández Fernández
O ser humano está xeneticamente deseñado para o movemento, base da supervivencia animal. Ao longo de millóns de anos, evolucionamos para adaptarnos ao entorno, pero os avances tecnolóxicos reduciron a nosa necesidade de movemento, alimentación e relacións, o que provocou moitas enfermidades actuais.
Obxectivos:
Cada módulo constará de 10 horas lectivas, distribuídas en sesións semanais de 50 minutos cada unha. As sesións levaranse a cabo os xoves en horario de mañá. As clases combinarán presentacións maxistrais, actividades prácticas e discusións dirixidas por expertos en cada campo.
Nota: As datas e horarios están suxeitos a cambios e poderían axustarse según as necesidades do programa.
PREZO DE MATRÍCULA: 72 € (inclúe seguro escolar)
Máis información e asistencia á matriculación na Secretaría da Universidade Sénior na Coruña:
Universidade Sénior. A Coruña |