
Este programa formativo está dirixido ao alumnado en lista de agarda para o primeiro curso do Grado Sénior na sede da Coruña, así como as persoas egresadas de dito programa. Cunha duración de un curso académico, ofrece una primeira toma de contacto coa Universidade Sénior para os que acceden por primeira vez e unha opción de continuidade para os que xa finalizaron o grado.
Trátase dun programa de educación continua orientado as persoas maiores de 50 anos, en situación laboral non activa, interesadas en ampliar os seus coñecementos en distintas áreas do saber.
O programa estrutúrase en tres módulos, cada un centrado nun área temática específica:
Módulo 1: Humanidades e Ciencias Sociais
“Modos de habitar". Profesor Fernando Agrasar Quiroga
Este módulo propón un percorrido por arquitecturas que teñen posibilitado outras formas de vivir. Estas propostas espaciais, formais e constructivas están estreitamente vencelladas á personalidade, modo de vida e circunstancias dos seus habitantes. Os seus arquitectos deron respostas singulares, que serviron para investigar e explorar máis aló das convencións sociais e culturais do seu tempo. Cada unha das dez sesións do módulo centraranse nunha vivenda, do século XX o do que levamos do XXI, para explicar as súas singularidades e contextualizar a súa arquitectura, para unha mellor comprensión da mesma.
Obxectivos:
Este módulo ten como finalidade ofrecer unha aproximación á arquitectura moderna e contemporanea, a través da vivenda, máis aló de estilos, periódos ou compartimentacións históricas. As dez respostas arquitectónicas ás necesidades habitacionais dos seus ocupantes, nun determinado contexto cultural, social, económico e tecnolóxico, permitirán unha aproximación de interese á complexidade da arquitectura desde hai 100 anos ata hoxe.
Módulo 2: Ciencia e Tecnoloxía
"Ciencia para todos". Profesor Juan José Galán Díaz
Este módulo ofrece unha comprensión accesible dos contidos científicos e tecnolóxicos que adoitan aparecer nos medios de comunicación. Está deseñado para que todos os alumnos, sen necesidade dunha formación científica previa, poidan entender estes temas de maneira sinxela.
Obxectivos:
Módulo 3: Ciencias da Saúde
"Deseñados para o movemento". Profesora Esther Fernández Fernández
O ser humano está xeneticamente deseñado para o movemento, base da supervivencia animal. Ao longo de millóns de anos, evolucionamos para adaptarnos ao entorno, pero os avances tecnolóxicos reduciron a nosa necesidade de movemento, alimentación e relacións, o que provocou moitas enfermidades actuais.
Obxectivos:
Cada módulo constará de 10 horas lectivas, distribuídas en sesións semanais de 50 minutos cada unha. As sesións levaranse a cabo os xoves en horario de mañá. As clases combinarán presentacións maxistrais, actividades prácticas e discusións dirixidas por expertos en cada campo.
Nota: As datas e horarios están suxeitos a cambios e poderían axustarse según as necesidades do programa.
PREZO DE MATRÍCULA: 75 € (inclúe seguro escolar)

Máis información e asistencia á matriculación na Secretaría da Universidade Sénior na Coruña:
|
Universidade Sénior. A Coruña |
