• CWUR
    Sitúase entre o 5%
    das mellores universidades do mundo
  • THE IMPACT
    Posto 46 en Enerxía alcanzable e non contaminante (SDG 7),
    segunda universidade do SUE
  • SCIMAGO
    Posto 474 a nivel mundial
    e 36 a nivel nacional
  • DYNTRA
    Posto 6 no ranking nacional
    das universidades máis transparentes
  • WEBOMETRICS
    UDC, no 7% (España) e no 12% (mundo)
    das universidades top en rendemento web
  • GREENMETRIC
    Posto 5 do SUE
    e 65 do mundo

A UDC nos rankings universitarios

Os rankings universitarios estanse impoñendo como unha nova ferramenta de avaliación da actividade académica e investigadora de gran atractivo mediático e influente a nivel social. Debe terse en conta que os rankings poden adoptar un enfoque baseado no volume de resultados, nese caso o tamaño é importante, ou ben un enfoque que se centra na produtividade. Así mesmo cada ranking utiliza criterios e persegue obxectivos diferentes.

A Universidade da Coruña (UDC), por tamaño, ocupa o lugar 25 de entre as 48 universidades españolas públicas presenciais (IUNE, 2018). É unha universidade nova, cuxos estatutos foron publicados en 1992.

Neste informe preséntanse os resultados da UDC nos distintos rankings, tanto internacionais como nacionais.

Rankings internacionais

Só 26 universidades españolas conseguen entrar este ano no ranking e a UDC é unha delas, ocupando o posto 801-1000.  Ler máis...

QS Ranking by Subject

A UDC figura entre as 500 mellores universidades a nivel mundial no eido da Enxeñaría Mecánica, situándose na posición 451-500. Ler máis...

A UDC sitúase na banda de 801-1000 do total de institucións avaliadas en todo o mundo e o posto 23 a nivel nacional. Ler máis...

Por segundo ano consecutivo a UDC figura neste ranking de educación, ocupando nesta edición o posto 151-200. Ler máis...

A UDC participa con 10 áreas, estudando o comportamento en docencia, investigación, citas, transferencia e proxección internacional. Ler máis...

Por cuarto ano consecutivo a UDC figura neste ranking de universidades novas, ocupando na presente edición o posto 251-300. Ler máis...

A UDC ten a posición 301-400 de entre as 1115 universidades avaliadas no mundo. Posición 46 en Enerxía alcanzable e non contaminante. Ler máis...

A UDC ocupa a posición 5 das 29 universidades españolas avaliadas. A nivel mundial ocupa a posición 65 das 911 universidades. Ler máis...

Por terceiro ano consecutivo, a UDC posiciónase entre as 300 mellores universidades do mundo na área específica de Enxeñaría Civil. Ler máis...

Neste ranking a UDC destaca no eido do Compromiso Rexional, obtendo un indicador no grupo de alto rendemento: Ingresos Rexionais.  Ler máis...

Entran 41 universidades do SUE. A UDC destaca en proporción de artigos escritos por mulleres e proporción de publicacións coa empresa. Ler máis...

Neste ránking a Universidade da Coruña ocupa a posición 35 en España mentres que a nivel mundial está no posto 861. Ler máis...

Neste ránking a UDC ocupa a posición 31 das 66 universidades españolas avaliadas. A nivel mundial ocupa a posición 762 de 3000. Ler máis...

A UDC aparece en ata 7 áreas distintas, destacando en Enxeñaría Civil (posto 351 mundial e 9 nacional) e Informática (488 mundial e 20 nacional). Ler máis...

A UDC ocupa neste ranking a posición 33 das institucións nacionais, a 349 en Europa e a 816 a nivel mundial en rendemento web. Ler máis...

Neste ránking a UDC colócase na posición 18 en España, na posición 120 de Europa e na posición 272 a nivel mundial. Ler máis...

Neste ránking a UDC ocupa o posto 35 a nivel nacional e o posto 993 de entre as 20000 universidades avaliadas no mundo. Ler máis...

A UDC sitúase no posto 29 do total de institucións españolas avaliadas. Destaca en Química, situándose no posto 17. Ler máis...

A UDC ocupa o posto 36 das 69 universidades españolas avaliadas e o 474 de entre as 4126 institucións de educación superior. Ler máis...

Rankings nacionais

A UDC ocupa o 3 posto en patentes nacionais por 100 profesores e o 2.º en proporción de publicacións en revistas de alta calidade científica. Ler máis...

Destacamos en publicacións interdisciplinares, spin-offs, prácticas en empresas da rexión e fondos de investigación rexionais. Ler máis...

A UDC ocupa o posto 18 das 79 universidades españolas estudadas, o 15 entre as universidades públicas. Ler máis...

A UDC sitúase no nivel 6 no ranking de rendemento. Por outro lado, ocupa o nivel 19 no ranking de volume . Ler máis...

A UDC sitúase na 6ª posición das 50 universidades públicas avaliadas no ámbito nacional, 6ª de entre 79 públicas ou privadas. Ler máis...

A Universidade da Coruña colócase na posición 16 dun total de 49 universidades públicas avaliadas a nivel nacional. Ler máis...