A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información.
As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.
A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.
Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:
30 prazas ofertadas no curso 2025/2026
Os prazos de preinscripción en estudos de máster universitario oficial son aprobados polo Consello de Goberno da UDC, e poden consultarse na seguinte páxina web.
Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:
Eduardo Guillén Solórzano
Coordinador do mestrado
Tel.: (+34) 881 01 34 34.
| Carácter | Créditos | |
| Calidade e Desenvolvemento Sostible en Organizacións Turísticas. Destinos e Produtos Turísticos | Obrigatorio | 6 ECTS |
| Cambio Social. Tendencias do Consumo Turístico e Comportamento do Consumidor | Obrigatorio | 3 ECTS |
| Promoción e Comercialización de Destinos e Produtos Turísticos | Obrigatorio | 6 ECTS |
| Dirección Estratéxica das Organizacións Turísticas | Obrigatorio | 3 ECTS |
| Tecnoloxías da Información e a Comunicación para Destinos e Produtos Turísticos | Obrigatorio | 6 ECTS |
| Planificación e Xestión de Plans de Turismo. O Papel das Organizacións Públicas e Privadas | Obrigatorio | 6 ECTS |
| O Proceso de Investigación en Turismo: Tipos. Estrutura e Fases | Obrigatorio | 6 ECTS |
| Prácticas Externas | Obrigatorio | 12 ECTS |
| Carácter | Créditos | |
| Técnicas Cualitativas Aplicadas ao Turismo | Optativo | 6 ECTS |
| Programa para Análise de Datos Cualitativos con Exemplos de Turismo | Optativo | 6 ECTS |
| Técnicas Cuantitativas Aplicadas ao Turismo | Optativo | 6 ECTS |
| Programa para Análise de Datos Cuantitativos con Exemplos de Turismo | Optativo | 6 ECTS |
| Elaboración de Plans Estratéxicos de Desenvolvemento Turístico: Estrutura. Contidos e Metodoloxía | Optativo | 6 ECTS |
| Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos de Congresos e Convencións | Optativo | 3 ECTS |
| Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos no Espazo Litoral e de Cruceiros | Optativo | 3 ECTS |
| Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos de Saúde e Termal | Optativo | 3 ECTS |
| Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos Gastronómicos e Enolóxicos | Optativo | 3 ECTS |
| Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos de Patrimonio Cultural e Natural | Optativo | 3 ECTS |
| Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos Espirituais | Optativo | 3 ECTS |
| Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos Deportivos | Optativo | 3 ECTS |
| Políticas Culturais e Xestión Patrimonial | Optativo | 3 ECTS |
| Desenvolvemento de Novos Modelos de Negocio no Sector Turístico | Optativo | 6 ECTS |
| Smart Tourism: a Dixitalización Avanzada no Sector Turístico | Optativo | 6 ECTS |
| Traballo Fin de Máster | Optativo | 18 ECTS |