Licenciada e doutora en Matemáticas, é profesora contratada doutora da área de Didáctica da Matemática do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación.
Imparte aulas no grao en Educación Primaria, no mestrado universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas e no mestrado universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria.
Realiza varias iniciativas de aprendizaxe e servizo como actividades de innovación docente, coordina o GID Innovación en Educación Matemática e participou en programas Erasmus (STA). Tres avaliacións do programa Docentia con desempeño notable e sobresaliente.
Membro do grupo de investigación Innovación no ensino das Ciencias e das Matemáticas, as súas liñas de investigación céntranse na formación docente, na ensinanza e na aprendizaxe das matemáticas e na actitude cara elas. Dirixiu unha tese de doutoramento. Publicou artigos e capítulos de libros, ademais de ser participante habitual en congresos e seminarios da súa especialidade. Formou parte do equipo investigador de proxectos autonómicos, nacionais e internacionais e de comités científicos e organizadores de congresos nacionais e internacionais, ademais de ser membro da Comisión de Educación do Comité Español de Matemáticas.
Coordina a Unidade de Divulgación Científica e Cultural desde 2019, o itinerario de Tecnoloxía do mestrado universitario en profesorado desde o 2016 e é secretaria académica do departamento de Pedagoxía e Didácticas desde 2017.
Ten recoñecidos tres quinquenios docentes e un sexenio de investigación.