Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e doutor pola Universidade Politècnica de Catalunya. Profesor da UDC dende 1994 e Catedrático de Universidade dende 2003. É membro do Departamento de Enxeñaría Civil, na área de Enxeñaría Hidráulica, con docencia na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, nos graos de Obras Públicas, Tecnoloxía da Enxeñaría Civil e no mestrado en Xestión Avanzada da Auga.
As súas principáis áreas de traballo son a hidroloxía urbana, a xestión de recursos hídricos e a xestión de inundacións. Realiza colaboracións frecuentes co sector público (Augas de Galicia, MITERD, concellos en Galicia e no resto de España) e privado (empresas do sector da consultoría, da auga e da enerxía), a nivel nacional e internacional. Colabora con ONGs, axencias de cooperación e entidades multilaterais (Enxeñeiros Sen Fronteiras, Cruz Vermella, Cooperación Galega, AECID, Banco Interamericano de Desenvolvemento, PNUD, Banco Mundial, entre outros) en proxectos de xestión de secas e indundacións en Europa, América Latina, África, e Asia. Dirixiu 18 teses de doutoramento e foi investigador principal en proxectos de investigación a nivel autonómico, estatal e europeo (actualmente responsable de proxectos nacionais e de WP en proxectos H2020).
É vicepresidente do capítulo español da Asociación Internacional de Investigación Hidráulica (IAHR), vicepresidente da Fundación para o Fomento da Enxeñaría da Auga (que inclúe as 7 universidades públicas máis relevantes neste ámbito) e copresidente das Jornadas de Ingeniería del Agua, que è o máximo foro de debate da enxeñaría hidráulica en España.
Foi coordinador do CITEEC en dúas etapas distintas, subdirector da ETS de Camiños e Adxunto de Transferencia da Vicerreitoría de Investigación e Transferencia.
Ten recoñecidos seis quinquenios docentes, seis sexenios de investigación e transferencia e conta con once anos de experiencia de xestión en cargos unipersoais.