POD aberto

O pasado 3 de decembro de 2004 esta Vicerreitoría comunicou aos directores de departamentos a intención de publicar, para a comunidade universitaria, os datos referentes ao POD do curso 2004/05, ao tempo que se lles indicaba que actualizasen os datos.

A partir de hoxe pódense consultar desde os ordenadores da UDC os datos do POD no enderezo: http://matricula.udc.es/podaberto/

Lémbrese que os decanos e directores de centro xa dispoñen dunha aplicación web con estes datos e que os departamentos poden xestionar o encargo de docencia.

Espero que o acceso da comunidade universitaria a esta información permita corrixir os erros que poidan existir e avanzar no obxectivo de que o POD reflicta a situación real da docencia imprescindible para ofrecer correctamente outros servizos electrónicos.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2005

Xosé Luís Armesto Barbeito
Vicerreitor de profesorado