Nota alcaratoria sobre a contratación de PDI laboral

1.- CONCURSOS AXUDANTES.- Valoración da experiencia docente

Con frecuencia recíbense consultas sobre a aplicación do baremo nos concursos para a contratación de axudantes no que respecta a valoración da súa experiencia docente.

O artigo 49.c da LOU (Lei Orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, de Universidades) establece que o seu contrato será de carácter temporal e con dedicación a tiempo completo, polo que a súa docencia debe computarse como tal, con independencia do número de horas que impartan.

2. SOLICITUDE DE CREACIÓN DE PRAZAS AO AMPARO DA DISPOSICIÓN TRANSITORIA TERCEIRA DOS ESTATUTOS E PRAZAS DE PROMOCIÓN

A transitoria terceira dos Estatutos recolle o compromiso da UDC de crear prazas de profesorado permanente para a promoción dos profesores contratados a tempo completo e axudantes doutores que xa o eran no momento da entrada en vigor da LOU e que cumpran os requisitos legais esixidos. Asímesmo a UDC ten asumido o compromiso de creación de prazas de profesorado permanente cando os axudantes contratados adquiran a acreditación correspondente.

Estas prazas cúbrense por concurso e supoñen a amortización do contrato anterior, polo que de non acadar a nova praza o candidato que pretende promocionar remataría a súa relación contractual coa universidade, o que suscita en ocasións reclamacións.

Para evitar estas situacións, no sucesivo, cando os departamentos soliciten a creación destas prazas de promoción, deberán informar a todos os membros do Consello de Departamento, que a solicitude de creación da praza implica a amortización da praza que se vai transformar. No impreso de solicitude deberá constar expresamente a praza que se amortiza.

3. CONCURSOS PARA A CONTRATACIÓN DE PROFESORADO SUBSTITUTO

O art. 9 do do convenio colectivo en vigor para o persoal docente e investigador laboral establece que as universidades poderán contratar con caracter temporal profesorado interino ou profesores asociados para cubrir necesidades temporais de docencia xeradas por diversas causas e que non poidan ser atendidas coas dispoñibilidades da área correspondente.

Nuns casos os departamentos solicitan a convocatoria de concursos para cubrir ditas necesidades con profesores interinos de substitución e noutros con profesores asociados.

Coa finalidade de que os departamentos poidan optar pola figura contractual máis adecuada ás súas necesidades esta reitoría considera conveniente informarlles das diferencias fundamentais entre as dúas figuras:

Figura contractual Vantaxes Inconvintes
Interino substitución

Pode ter dedicación a tempo completo ou parcial

Non esixe máis requisitos que ter a titulación requirida

É incompatible cun segundo posto no sector público
Asociado Pode ser compatible con outro posto no sector público, previa autorización, se se cumplen as restantes esixencias da Lei 53/1984

Só pode ter dedicación a tempo parcial

É un requisito estar exercendo a súa actividade profesional fóra do ámbito docente universitario

 

Agardamos que esta información poida serlle de utilidade.

Un saúdo

Xosé Luis Armesto Barbeito
Vicerreitor de Profesorado da UD