POLÍTICA DE CALIDADE

Laboratorio de Radiactividad Ambiental de la Universidade da Coruña (LRA-UDC), consciente dos requisitos, necesidades e expectativas das súas partes interesadas, dispón dos recursos necesarios para manter, revisar e mellorar de forma continua un Sistema de Xestión de Calidade consonte á norma UNE-EN ISO 9001 e aliñado coos requisitos da UNE-EN ISO/IEC 17025, co obxectivo de garantir a calidade, competencia técnica e imparcialidade en todos os seus servizos.

Comprometémonos a:

  • Mellora continua: Adoptar a mellora continua como principio fundamental, priorizando a prevención sobre a corrección e revisando regularmente a eficacia do sistema de xestión e os procesos técnicos.
  • Cumprimento legal e regulamentario: Cumprir estritamente coa lexislación vixente, os requisitos legais e regulamentarios aplicables, así coma cos requisitos acordados coas nosas partes interesadas.
  • Competencia técnica: Realizar todas as análises de radiactividade ambiental co máximo rigor técnico, utilizando métodos validados e adecuados, e contando con persoal competente, cualificado e en formación continua para garantir a fiabilidade dos resultados.
  • Imparcialidade, independencia e integridade: Actuar con absoluta imparcialidade e independencia, garantindo que as nosas actividades e decisións no estean influídas por presións comerciais, financeras ou organizativas que poidan comprometer a obxectividade e integridade dos resultados. A direción responsabilízase de identificar, avaliar e controlar calquera risco que poida afectar á imparcialidade ou á independencia do laboratorio.
  • Xestión de riscos: Identificar e xestionar de maneira proactiva os riscos e oportunidades que poidan afectar á calidade dos resultados, á competencia técnica ou á imparcialidade, integrando esta xestión en todos os niveis do sistema.
  • Coherencia e fiabilidade: Manter a coherencia das nosas actividades mediante a aplicación de procedementos documentados que aseguren a trazabilidade, exactitude e validez dos resultados, así coma a fiabilidade das opinións e interpretacións cando estas se emitan.
  • Xestión de provedores: Establecer controis efectivos sobre provedores para asegurar a calidade dos produtos que poidan afectar aos nosos resultados.
  • Participación e formación do persoal: Fomentar a implicación activa, a comunicación aberta e a formación continua de todo o persoal, como base para fortalecer a cultura de calidade, competencia e imparcialidade no laboratorio.

A Direción do LRA-UDC asume a máxima responsabilidade na implementación e cumprimento desta política, asegurando que é entendida, implantada e mantida a todosa todos os niveis da organización, e que serve de marco de referencia para a definición dos nosos obxectivos e compromisos, a mellora continua e a satisfacción das partes interesadas.

Política de calidade LRA UDC 30-04-2025

En Ferrol, a 30 de abril de 2025

José Luis Calvo Rolle

Director de Laboratorio.

 

CALIDADE

O LRA-UDC conta coa certificación AENOR do Sistema de Xestión da Calidade, segundo a norma UNE-EN ISO 9001:2015, para as actividades de "Deseño e realización de análises de radioactividade en mostras", levadas a cabo en "CIS TECNOLOXÍA ​​Y DESEÑO: LABORATORIO DE RADIACTIVIDADE AMBIENTAL - UNIVERSIDADE DA CORUÑA A CABANA S/N 15590 FERROL (A CORUÑA)." Con número de rexistro: ER-0069/2010 e data de caducidade: 2028-01-21.

AENOR-ER-0069/2010

 

Ademais, conta co recoñecemento da certificación AENOR por parte de IQNET. Número de rexistro: ES-0069/2010 e data de caducidade: 2028-01-21.

 IQNET-ES-0069/2010

 

O LRA-UDC está en proceso de acreditación coa Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) de acordo cos criterios establecidos na norma UNE EN ISO/IEC 17025, para a INSTALACIÓN DE DETECTORES ACTIVOS DE TRAZAS E CONTINUOS E MEDICIÓN DA EXPOSICIÓN E CONCENTRACIÓN AO RADÓN NO AIRE INTERIOR DE EDIFICIOS.

 

Así mesmo, o LRA-UDC está en proceso de autorización por parte do Consello de Seguridade Nuclear como servizo de Dosimetría Persoal Externa.