Mestrado

Admisión

Solicitudes

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

30 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Prazos

Os prazos de preinscripción en estudos de máster universitario oficial son aprobados polo Consello de Goberno da UDC, e poden consultarse na seguinte páxina web.

Comisión Académica de Admisión:

  • Eduardo Guillén Solórzano
  • Rosa María Mariz Pérez
  • Iria Caamaño Franco
  • José Atilano Pena López
  • Manuel Martínez Carballo
  • José Carlos Forja Ramos
  • Estudiante: Ana Nuñez Rodríguez

Bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Contacto:

Eduardo Guillén Solórzano
Coordinador do mestrado
Tel.: (+34) 881 01 34 34. 

Planificación do ensino

  Carácter Créditos
Calidade e Desenvolvemento Sostible en Organizacións Turísticas. Destinos e Produtos Turísticos Obrigatorio 6 ECTS
Cambio Social. Tendencias do Consumo Turístico e Comportamento do Consumidor Obrigatorio 3 ECTS
Promoción e Comercialización de Destinos e Produtos Turísticos Obrigatorio 6 ECTS
Dirección Estratéxica das Organizacións Turísticas Obrigatorio 3 ECTS
Tecnoloxías da Información e a Comunicación para Destinos e Produtos Turísticos Obrigatorio 6 ECTS
Planificación e Xestión de Plans de Turismo. O Papel das Organizacións Públicas e Privadas Obrigatorio 6 ECTS
O Proceso de Investigación en Turismo: Tipos. Estrutura e Fases Obrigatorio 6 ECTS
Prácticas Externas Obrigatorio 12 ECTS

 

  Carácter Créditos
Técnicas Cualitativas Aplicadas ao Turismo Optativo 6 ECTS
Programa para Análise de Datos Cualitativos con Exemplos de Turismo Optativo 6 ECTS
Técnicas Cuantitativas Aplicadas ao Turismo Optativo 6 ECTS
Programa para Análise de Datos Cuantitativos con Exemplos de Turismo Optativo 6 ECTS
Elaboración de Plans Estratéxicos de Desenvolvemento Turístico: Estrutura. Contidos e Metodoloxía Optativo 6 ECTS
Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos de Congresos e Convencións Optativo 3 ECTS
Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos no Espazo Litoral e de Cruceiros Optativo 3 ECTS
Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos de Saúde e Termal Optativo 3 ECTS
Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos Gastronómicos e Enolóxicos Optativo 3 ECTS
Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos de Patrimonio Cultural e Natural Optativo 3 ECTS
Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos Espirituais Optativo 3 ECTS
Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos Deportivos Optativo 3 ECTS
Políticas Culturais e Xestión Patrimonial Optativo 3 ECTS
Desenvolvemento de Novos Modelos de Negocio no Sector Turístico Optativo 6 ECTS
Smart Tourism: a Dixitalización Avanzada no Sector Turístico Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Máster Optativo 18 ECTS

 

Resultados

Actualidade