Normalización do nome e visibilidade

Actualmente a gran variedade de publicacións realizadas por un investigador ao longo da súa carreira profesional (artigos, libros, datos en bruto, relatorios, pósters, teses, etc.), así como as distintas plataformas onde estas se recollen, comportan ás veces unha importante dispersión da súa obra e obrigan a un esforzo extra pola reclamación da autoría e a integración e visibilidade da súa produción.

Á par, os principais axentes do mundo académico (institucións, gobernos, editoriais) están a propoñer novos parámetros ou estándares de actuación: normalización, visibilidade, avaliación, etc.

Neste contexto, o científico ten ao seu dispor unha serie de ferramentas que evitan que a autoria se dilúa na web, que facilitan a transparencia e visibilidade do seu traballo, así como a súa avaliación.

Dentro desta sección atoparedes:

Proposta dunha estratexia persoal de identificación

Normalización da firma e filiación

ORCID

Dialnet ID

ResearcherID 

Scopus Author ID

Google Scholar Citation


 

 

Lecturas recomendadas

Sistemas de identificación unívoca de investigadores

Ángel Borrego.

 

El registro de autoridades personales tras la aparición del Web

Mª Fernanda Garzón Farinós. P. 129-157

 

Un análisis de los principales sistemas de identificación y perfil para el personal investigador

Lorenzo-Escolar N. y Pastor-Ruiz F.

 

The author challege: identification of self in the scholarly literature

Rotenberg E y Kushmerick A (Só dende os ordenadores da Universidade).