Para solicitar novas caixas de urxencias para os locais ou as dependencias dos centros, ou ben para a reposición de material caducado das caixas existentes, a persoa ou persoas designadas para o seu control, deberán cubrir o formulario de solicitude do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da UDC.
O contido do material das caixas de urxencias para primeiros auxilios limitarase ao mínimo establecido polo RD 486/1997 do 14 de abril (Regulamento de Lugares de Traballo no seu anexo VI.A.) e a súa subministración correspondente á Mutua Fremap.