A empresa Eurocardio encárgase do mantemento dos desfriladores existentes na UDC, das vitrinas e a cartelería.
Este mantemento inclúe unha comprobación presencial de carácter ANUAL, asegurando o correcto e continuo funcionamento dos equipos, control de caducidades e a substitución dos elementos funxibles do desfibrilador (eléctrodos e batería), por uso no auxilio dunha persoa e/ou caducidade.
Saberías usar os desfibriladores que están nos espazos públicos?
As emerxencias están á orde do día e no momento menos esperado é cando podemos estar a sufrir dunha situación cardíaca.
Manternos capacitados/as para este tipo de situacións é realmente importante, para poder axudar a outras persoas, entre elas amizades ou familiares. Un dosartefactos máis comúns para axudar en situacións cardíacas son os desfibriladores, os cales se converten nunha ferramenta de vital importancia en situacións de emerxencia cardíaca.
Antes de nada, debes saber como actuar nunha emerxencia:
Cal é a importancia de saber manexar un desfibrilador?
Un dos datos máis importantes é saber que en España ao redor dunhas 100 persoas morren ao día por parada cardíaca, que de posuíres un desfibrilador e saber como usalo, podería diminuír estas cifras tan grandes. Por tanto, poder manexar un desfibrilador, non debe ser algo que unicamente debe saber o persoal de saúde, senón que polo contrario, debe estar estendido ao coñecemento do persoal en empresas, colexios e calquera parte, xa que unha parada cardíaca pode ocorrer en calquera lugar e momento.
Como usar un desfibrilador?
Para o bo uso dun desfibrilador, téñense que ter en conta certos pasos, os cales son:
1. Confirmar a parada cardíaca:
É realmente importante saber se en realidade a emerxencia se trata dunha parada cardíaca, este é o primeiro paso, para iso temos que comprobar se a persoa responde (consciencia) e verificar se respira de xeito normal (respiración). Para facelo , é necesario que te inclines cara á persoa, a
estimules e preguntes se se atopa ben; para poder escoitar a súa respiración tes que botar a súa cabeza cara a atrás. Así mesmo, é importante que poidas revisar a súa boca, dado que pode ser que algún obxecto ou alimento estea atorado, e sexa a causa da afección da vítima.
Se a persoa respira, entón colocámola en posición lateral de seguridade.
2. Fai que chamen ás emerxencias:
Se a persoa esta inconsciente e non respira de forma normal, e te atopas preto doutra persoa, mantén a calma e fai que chame ao 112 (emerxencias) e indique que a persoa esta inconsciente e que non respira de forma normal; se é posible, que alguén busque un desfibrilador.
É importante que non colgue o teléfono ata que llo indique a persoa do 112.
3. Realiza a RCP (reanimación cardiopulmonar):
O que segue é primordial: unha vez confirmada a parada cardíaca hai que iniciar a RCP. Non só manterás circulando o sangue polo corpo, senón que
tamén aumentamos as posibilidades de éxito ante unha descarga do DESA (desfibrilador externo semiautomático). Por tanto, é importante iniciar a RCP canto antes.
A persoa accidentada atópase inconsciente e sen respiración (non ten pulso). No caso de dubidar se a respiración é normal, actúa coma se non o fose:
• Colócate de xeonllos ao carón da vítima para facer as compresións.
• Descobre o tórax do paciente e coloque o talón dunha man no centro do peito, que é a metade inferior do óso central do peito da vítima ou esterno. Poña a outra man enriba e entrelace os dedos.
• Estira os brazos, non flexiones os cóbados, ombreiros perpendiculares ao punto de masaxe e costas rectas.
• Exerce presión deixando caer os ombreiros. Comprime forte e rápido cunha velocidade de ao menos cen compresións por minuto, cunha profundidade de ao menos cinco centímetros e deixando que o tórax se reexpanda entre compresións.
• Realiza tamén manobras de ventilación, utilizando calquera dispositivo de barreira se non ten ambú, alternando 30 compresións con 2 ventilacións,
manobra de boca a boca.
• Non esteas máis de 10 segundos sen facer compresións. Ventila o xusto para elevar o tórax e cunha duración para cada insuflación dun segundo.
• Emprega o DESA tan axiña como sexa posible, se dispós de formación para facelo.
4. Facer uso do DESA:
Antes de poder preparar o DESA, é importante comprobar que o tórax da vítima non está mollado, posto que ao momento de colocar o DESA, a zona decolocación debe de estar seca (son a zona onde colocaremos os eléctrodos). Convén lembrar que non hai que perder tempo quitando posibles piercings das mamilas ou colgantes pequenos. Hai que colocar os eléctrodos do desfibrilador en canto este chegue.
5. Prende o DESA:
Ao momento de prendelo, a maioría dos desfibriladores ofrece unha guía rápida de uso, que che indicará que conectes os parches eléctrodos.
6. Rasurar o peito:
A maioría dos DESA posúen una rasuradora, dado que os pelos do peito, poden causar interferencia ao colocar os parches.
Do mesmo modo, unha vez rasurada a zona, debes ter coidado por se o/a paciente ten un marcapasos. De ser así, os eléctrodos han de colocarse ao
menos a unha distancia de 10 cm do marcapasos.
7. Coloca os parches:
Isto é importante: polo xeral, os DESA posúen dentro das súas instrucións as indicacións das zonas nas cales debes de colocar os parches: debe colocarse un dos parches no tórax á dereita do esterno, por debaixo da clavícula. O outro débese colocar ao nivel da liña axilar media esquerda.
8. Realiza a análise:
Unha vez colocados os parches, o DESA comezará a realizar a análise diagnóstica, que tardará sobre uns 10 segundos. Coa análise decidirase se hai
que dar unha descarga e iniciar a RCP ou se non é necesaria e só necesitas seguir co RCP. Despois de dous minutos de RCP, o aparato volverá realizar
outra análise.
9. Se é necesaria a descarga:
Asegúrate de que ninguén estea tocando o paciente antes de premer o botón de descarga (shock) no DESA, enviando unha descarga eléctrica por medio dos eléctrodos.