Campamentos de verán

2025_campamento-MULTIDEPORTIVO_UDC_2

 Campamento multideportivo 2025

 

Campamento multideportivo para rapaces e rapazas de entre os 6 e os 12 anos (data de nacemento entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2019).

Instalacións deportivas da UDC no campus de Elviña (A Coruña)

 

Actividades multideportivas de recreación, de tempo libre, ocio e lecer. Actividades medio ambientais, náuticas, xogos tradicionais galegos, xincanas, excursións, etc., todas elas adecuadas ás idades e ás instalacións dispoñibles. Para as actividades náuticas, os/as nenos/as terán que ter cumpridos os 8 anos.

 

Períodos de realización (de luns a venres)

  • 1ª quenda: do 1 ao 15 de xullo
  • 2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo 

Horario das actividades: de 9:00 a 14:30 h

Haberá, como mínimo, un/unha monitor/a dispoñible 45 minutos antes do comezo das actividades para a recepción dos/as nenos/as, no Pavillón de deportes do campus de Elviña, así como 15 minutos logo do remate, para a recollida por parte das persoas autorizadas.

Horario de comedor (opcional): de 14:30 a 15:30 h na Facultade de Dereito (fronte ao Estadio Universitario Mariña Dourada).  O pagamento farase, polo período completo do campamento, ao número de conta do propio comedor.

 

Consulta na seguinte ligazón o programa de actividades. Campamento multideportivo Coruña

 

Prazos de inscrición: 

comezarán o 2 de xuño ás 09:00 h (para traballadores/as da UDC: PTXAS, PDI e PEC) e o 9 de xuño ás 09:00 h (para alumnado UDC e persoas externas).

Rematarán, para todos os colectivos:

  • 1ª quincena - 20 de xuño ás 14:00 h
  • 2ª quincena - 2 de xullo ás 14:00 h

 

Titorial de cómo dar de alta e inscribir ao/á fillo/a:

  • Para fillos/as de traballadores/as (PTXAS, PDI e PEC) da UDC. titorial
  • Para fillos/as de alumnado da UDC e Persoas Externas á UDC. titorial

Lembrade que no momento da inscrición deberedes de cubrir un cuestionario e achegar unha copia do Libro de Familia.

Todas as inscricións e pagos serán en liña.

As prazas son limitadas e serán cubertas por rigorosa orde de inscrición e pagamento ata completar o número máximo

Descontos nas tarifas dun 10% para o/a segundo/a fillo/a e para todos os membros no caso de Familia Numerosa (deberán de presentar o Título de Familia Numerosa).

 

Máis información e inscricións: Campamento multideportivo Coruña    

 

                                                                       

                                                                              2025_campamentoUDC_NAUTICAS_2

  Campamento Actividades Náuticas 2025    

 

Destinado a rapaces e rapazas que saiban nadar en idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos (data de nacemento entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2016).

Instalacións: Marina Coruña, Paseo marítimo Alcalde Fco. Vázquez.

 

O obxectivo é a introdución en deportes náuticos.

 

Períodos de realización (de luns a venres):

  • 1ª quenda: do 1 ao 15 de xullo
  • 2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo

Horario das actividades: de 9:00 a 14:30 h

Haberá, como mínimo, un/unha monitor/a dispoñible 30 minutos antes do comezo das actividades para a recepción dos/as nenos/as, nas instalacións de Marina Coruña, así como 30 minutos logo do remate, para a recollida por parte das persoas autorizadas.

Horario de comedor (opcional): de 14:30 a 15:30 h. Na cafetería da Reitoría. O pagamento farase, polo período completo do campamento, ao número de conta do propio comedor.

 

Consulta na seguinte ligazón o programa de actividades Campamento Actividades Náuticas

 

Prazos de inscrición:

comezarán o 2 de xuño ás 09:00 h (para traballadores/as da UDC: PTXAS, PDI e PEC) e o 9 de xuño ás 09:00 h (para alumnado UDC e persoas externas).

Rematarán, para todos os colectivos:

  • 1ª quincena - 20 de xuño ás 14:00 h
  • 2ª quincena - 2 de xullo ás 14:00 h.

 

Titorial de cómo dar de alta e inscribir ao/á fillo/a:

  • Para fillos/as de traballadores/as (PTXAS, PDI e PEC) da UDC. titorial
  • Para fillos/as de alumnado da UDC e Persoas Externas á UDC. titorial

Lembrade que no momento da inscrición deberedes de cubrir un cuestionario e achegar unha copia do Libro de Familia.

Todas as inscricións e pagos serán en liña.

As prazas son limitadas e serán cubertas por rigorosa orde de inscrición e pagamento ata completar o número máximo

Descontos nas tarifas dun 10% para o/a segundo/a fillo/a e para todos os membros no caso de Familia Numerosa (deberán de presentar o Título de Familia Numerosa).

 

Máis información e inscricións: Campamento Actividades Náuticas