La Facultad | Grados | Másteres | Doctorado | Investigación | Calidad | International Students
Álvaro Porto Dapena, catedrático emérito de Lingua Española na Universidade da Coruña e académico correspondente en Galicia da Real Academia Española, faleceu o pasado 6 de outubro, aos 78 anos de idade.
O profesor Porto Dapena incorporouse á UDC no ano 1997, despois de ter desenvolvida a súa labor docente e científica na Universidade Complutense de Madrid e no Instituto Caro y Cuervo de Bogotá.
Os seus traballos salientan especialmente en tres orientacións: a lexicografía teórica e práctica, a indagación toponímica e os estudios gramaticais.
No ámbito da elaboración de dicionarios debémoslle a continuación da publicación do Diccionario de Construcción y Régimen de R. J. Cuervo, a súa aportación ao Diccionario Histórico da Real Academia Española e o Diccionario Coruña de la lengua española actual. Esta práctica dicionarística levouno tanto á reflexión e estudo dos dicionarios como a elaborar propostas de mellora e avance destas obras, reflectidas en decenas de artigos e varios libros, algún deles, como o Manual de técnica lexicográfica, convertido nun clásico de ampla difusión.
Tamén publicou numerosos artigos científicos e libros sobre gramática do español, en particular sobre o verbo e os seus complementos.
Xunto á lingua española, sempre tivo un gran interese polo galego, ao que dedicou a súa tese de doutoramento, unha posterior monografía (El gallego hablado en la comarca ferrolana) e, posteriormente, varios traballos dedicados á toponimia de Cedeira e bisbarra, entre eles o Dicionario toponímico do concello e ría de Cedeira.