Curso de comunicación e divulgación científica

25/02/23 9:33

Curso de comunicación e divulgación científica impartido por Óscar Huertas Rosales e Manuel Vicente organizado pola UDCC en colaboración co CUFIE. No curso traballarase a comunicación non verbal da ciencia, como comunicar e divulgar en redes sociais, simularanse entrevistas, discursos e tamén haberá tempo para un obradoiro de radio de comunicación científica, entre outras cuestións.

A quen vai dirixido? PDI e alumando de doutoramento da UDC
Formulario de inscrición: Pechado
Prazas: 25 prazas para PDI e 25 para alumnado de doutoramento
Formato: Presencial
Data: O luns, 27 de febreiro, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas; e o martes, 28 de febreiro, de 16:00 a 20:00 horas
Relatoras: Óscar Huertas Rosales e Manuel Vicente

Publicado por: Unidade de Divulgación Científica e Cultural