Félix Puime Guillén, é PDI no departamento de Empresa. Viaxará a Mozambique coa Fundación Loyola Galicia para participar no proxecto “Formación en control da xestión, elaboración de cadros de mando e redacción de proxectos de desenvolvemento”, que ten como finalidade fortalecer as capacidades de xestión, planificación e formulación de proxectos da Escola Secundaria Inácio de Loyola (Tete, Mozambique). Prantéxase como un proceso de cooperacion académica entre a UDC e as entidads locais que combina a diagnose institucional, a formación técnica, a aplicación práctica e a elaboración dun proxecto de desenvolvemento. 

José Manuel Malheiro Gutiérrez,  é PDI no departamento de Pedagoxía e Didáctica e viaxará a Angola para a realización dun programa de seminarios a desenvolver con grupos de docentes da Escola Bg-1024 Missionaria Paróquia Santo Estevão. Desenvolveranse os temas suxeridos pola Xefa de estudos, Dra. Lourdes Amandio. Ademais, dedicarase un tempo á presentación da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo e a sùa posible aplicación na alfabetización de adultos.

Susana Vázquez Martínez é  PDI do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e viaxará a Mozambique para a realización dun programa de seminarios dirixidos a grupos de docentes de Matemáticas do Distrito de Educación de Tsangano (Tete), empregando materiais baseados na etnomatemática e desenvolvidos en colaboración coa Universidade Pedagóxica de Maputo. A través desta formación procurarase tamén motivar a participación futura do profesorado nun proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) na UDC. Xunto con profesorado do CIFP Someso e do Instituto Superior Don Bosco de Maputo, participará no equipo encargado do desenvolvemento curricular e da posta en marcha dunha capacitación básica en soldadura na Escola Secundária Inácio de Loyola. Ademais, dedicará parte da estancia ao proxecto Amapanga, unha iniciativa de sororidade entre mulleres galegas e africanas, colaborando na implantación dun curso de corte e confección e no fortalecemento dos vínculos entre alumnas mozambicanas e galegas, promovendo espazos de aprendizaxe compartida, empoderamento feminino e intercambio intercultural.