Convocatoria: Prazo de presentación ata o 30 novembro
Relación provisional de persoas admitidas e excluídas.
Resolución provisional de axudas concedidas
O obxecto desta convocatoria é facilitarlles a estudantes da UDC a estadía en centros de investigación no estranxeiro co fin de complementar os seus estudos de doutoramento, de modo que poidan optar á mención internacional no título de doutor/a.
Estudantes matriculados/as a tempo completo nun programa de doutoramento da UDC no curso 23/24.
No caso de solicitudes de estranxeiros/as para estadías no seu país de orixe ou noutro país en que tivesen vinculación contractual ou estudos previos, deberá motivarse para á valoración da Comisión de Seguimento.
Indicacións para xuntar a documentación no rexistro
2. Presencial
Se a solicitude se presenta nalgunha das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberase enviar unha copia desta solicitude ao correo electrónico oficina.doutoramento@udc.es.
De xeito xeral, a duración da estadía subvencionada será de tres meses (min 90 días).
Ano 2024, salvo situacións excepcionais de carácter xeral.
Zona 1(Portugal-Andorra): 2.500 euros.
Zona 2 (Europa (agás Portugal e Andorra), América Latina, África: 5.000 euros.
Zona 3 (EUA, Cánada, Asia ou Oceanía): 7.500 euros.
Teléfono: +34 881012364
Correo electrónico: oficina.doutoramento@udc.es
Anexo I ( Doc / PDF)e o Anexo II (Doc / PDF), coa seguinte documentación:
- Cualificacións obtidas.
- Datas de obtención.
- Número de convocatorias consumidas.
- Nota media do expediente.
- Nota media da promoción (só aos efectos de baremación).
Licencia asinada polo vicerreitor de Política, Científica, Investigación e Transferencia. Solicitar no enderezo programas.rrhh@udc.es
Copia do documento acreditativo da condición de discapacidade.
- As datas de inicio e finalización da estadía.
- As datas dos días de viaxe de ida e de retorno da estadía
A quen se comunica?
- á Oficina de Doutoramento (doutoramento@udc.es)
- ao corredor do seguro (HOWDEN ARTAI (981233625 / coruna@artai.com)
Remitir á EIDUDC no prazo de 1 mes dende a finalización da estadía: