Protección de datos

A protección dos datos persoais é un dereito fundamental recoñecido no artigo 18 da Constitución, e regulado en dúas normas: o Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27/04/2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos, RXPD), e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD). Para aplicar esta normativa no ámbito da Universidade da Coruña, o seu Consello de Goberno aprobou a normativa xeral relativa á protección de datos persoais na UDC.

Segundo o artigo 6 RXPD e os artigos 6 e 8 LOPD, os datos persoais poden ser tratados pola UDC sempre que a persoa interesada dera o seu consentimento para o tratamento dos seus datos para un ou varios fins específicos, ou se o tratamento resulta necesario por algúns dos seguintes motivos:

  • Para executar un contrato en que a persoa interesada é parte.
  • Para cumprir unha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento.
  • Para protexer intereses vitais da persoa interesada ou doutra persoa física.
  • Para cumprir unha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos á UDC. Esta base é fundamental na actuación propia da UDC, tendo en conta que o artigo 1.1 da Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, establece que "a Universidade realiza o servizo público da educación superior mediante a investigación, a docencia e o estudo".
  • Para satisfacer intereses lexítimos da UDC, sempre que sobre eles non prevalezan os intereses ou os dereitos e liberdades fundamentais da persoa interesada que requiran a protección de datos persoais.

Contacto

O responsable do tratamento dos datos é quen determina os fins e os medios do tratamento dos datos persoais. Así, a UDC é a responsable das actividades de tratamento de datos que se levan a cabo no seu ámbito, e os seus datos de contacto son:
Universidade da Coruña
Secretaría Xeral
CIF: Q6550005J
Enderezo postal: Rúa da Maestranza, 9. 15001 A Coruña
Teléfono: 881 011 161
Correo electrónico: rpd@udc.gal

A delegada de protección de datos é a persoa designada polo responsable do tratamento que ten como función supervisar o cumprimento da normativa de protección de datos na UDC. Os seus datos de contacto para cuestións ou suxestións relativas ao tratamento de datos persoais na Universidade, son os seguintes:
Universidade da Coruña
Luz María Puente Aba (Adxunta á Secretaría Xeral)
Enderezo postal: Rúa da Maestranza, 9. 15001 A Coruña
Teléfonos: 881 011 605 e 88 101 161
Correo electrónico: dpd@udc.gal