Tratamento de datos persoais con fins de investigación
Execución de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación
| Actividades de tratamento |
Execución de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación |
| Responsable do tratamento |
Universidade da Coruña |
| Finalidade |
Execución de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación por parte do persoal investigador da Universidade |
| Categorías de datos |
Datos persoais necesarios para a execución do concreto proxecto de investigación científica, que estarán en función da temática e as actividades propias do proxecto |
| Lexitimación |
Art. 6.1.e) RXPD: cumprimento dunha misión realizada en interese público (LO 2/2023, 22-3, do Sistema Universitario e Lei 6/2013, 13-6, do Sistema Universitario de Galicia, e Lei 14/2011, 1-6, de ciencia, tecnoloxía e innovación), e/ou consentimento das persoas interesadas (art. 6.1.a) RXPD). |
| Persoas interesadas |
Persoal investigador da UDC, e persoas alleas á Universidade que poidan colaborar co proxecto ou participar nalgunha das súas actividades. |
| Cesións de datos |
En función do concreto proxecto de investigación, e en todo caso con fundamento nalgunha das bases de lexitimación previstas no RXPD. |
| Transferencias internacionais de datos |
En función do concreto proxecto de investigación, e en todo caso con fundamento nalgunha das bases de lexitimación previstas no RXPD. |
| Período de conservación |
En función do concreto proxecto de investigación, os datos poden ser destruídos ou anonimizados cando deixen de ser necesarios para a finalidade prevista (sen prexuízo da súa conservación, debidamente bloqueados, durante o tempo esixido na normativa sectorial específica, a efectos da posible esixencia de responsabilidades legais), ou poden conservarse atendendo ás garantías previstas no RXPD, especialmente no seu artigo 89. |
| Medidas de seguridade |
Aplicaranse as medidas de seguridade implantadas pola Universidade en execución do Esquema Nacional de Seguridade (Real decreto 311/2022, 3-5). |