Tratamento de datos persoais con fins académicos ou formativos

Adxudicación de prazas en residencias universitarias

Actividade de tratamento

Adxudicación de prazas en residencias universitarias

Responsable do tratamento

Universidade da Coruña (Xerencia)

Finalidade

Adxudicación e xestión de praza en residencias universitarias propias da UDC (Campus A Coruña e Ferrol).

Categorías de datos

Datos identificadores: nome e apelidos, data de nacemento, DNI, correo electrónico, teléfono, obxectivo da estancia na Universidade. Datos bancarios.

Lexitimación

Art. 6.1.b) RXPD:  a execución dun contrato do cal a persoa interesada é parte.  

Persoas interesadas

Persoas físicas que van cursar estudos na UDC.

Cesións de datos

Non están previstas.

Transferencias internacionais de datos

Non están previstas.

Período de conservación

Os datos conservaranse durante todo o tempo que dure a relación xurídica entre a Universidade e o alumnado. Unha vez finalizada a relación, os datos conservaranse bloqueados durante o tempo que sexa necesario segundo a normativa sectorial específica.

Medidas de seguridade

Aplicaranse as medidas de seguridade implantadas pola Universidade en execución do Esquema Nacional de Seguridade (Real decreto 311/2022, 3-5)