|
Actividade de tratamento |
Sistema interno de información da UDC |
|
Responsable do tratamento |
Universidade da Coruña |
|
Finalidade |
Xestionar as denuncias de persoas membros da comunidade universitaria de infraccións penais e administrativas graves ou moi graves |
|
Categorías de datos |
Datos identificativos: Nome, apelidos, código postal, correo electrónico e número de teléfono. No caso de denuncias telefónicas: voz. Outros posibles datos persoais recollidos en cada denuncia. |
|
Lexitimación |
Art. 6.1.b) RXPD: cumprimento dunha obriga legal (Lei 2/2023, 20-2, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción). |
|
Persoas interesadas |
Persoas que poden empregar o Sistema interno de información da UDC, ou que poden verse afectadas pola denuncia, segundo a súa Política de uso |
|
Cesións de datos |
Segundo a denuncia, comunicación de datos a determinadas autoridades para a posible esixencia de responsabilidades legais. |
|
Transferencias internacionais de datos |
Non están previstas. |
|
Período de conservación |
Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade do tratamento. |
|
Medidas de seguridade |
Aplicaranse as medidas de seguridade implantadas pola Universidade en execución do Esquema Nacional de Seguridade (Real Decreto 311/2022, 3-5). |