MATRÍCULA UDC 2021/2022 #UDCnonPara

GRAO

Novos estudantes

Estudantado admitido para iniciar unha titulación de grao na UDC segundo as listaxes que se poden consultar a través do programa NERTA

Acceso á matrícula

Prazos: pendentes de publicación pola CIUG

Continuación de estudos

Acceso á matrícula
Prazo: pendiente de aprobación

Cambio de universidade e/ou estudo

Consultar condicións e prazos na administración do centro

MÁSTER

Novos estudantes

Preinscrición: accede dende aquí á preinscrición

Estudantado admitido para iniciar unha titulación de máster na UDC.

Acceso á matricula para estudantes con usuario da UDC
Acceso á matrícula para estudantes sen usuario da UDC

Prazos: calendario de preinscrición e matrícula 

Listaxes de admisión: consultar no centro onde se imparte

Continuación de estudos

Acceso á matrícula
Prazo: pendente de publicación

Solicitude de información sobre a matrícula

Nas administracións das facultades, escolas ou unidades de xestión académica integrada (UXAI) nas que se imparta a titulación.
Contacto das administracións dos centros

No Servizo de Organización Académica
Contacto

Procedemento

Logo de rematar o proceso de matrícula na secretaría virtual debe enviarse á administración da facultade, escola ou UXAI aquela documentación que se precise en cada caso, no prazo establecido (xustificantes de: familia numerosa, exención de taxas, discapacidade etc.). En caso contrario o alumnado decaerá nos seus dereitos.

En caso de participar nalgún programa de intercambio (Erasmus, Sicue etc.) debe verificar coa administración do centro correspondente que a matrícula efectuada se axusta ao contrato de estudos.

Os novos membros da UDC non deben olvidar, unha vez feita a matrícula, activar os servizos que permitirán ter acceso a un gran número de ferramentas telemáticas. O correo electrónico que se xera durante este proceso será o único medio de comunicación electrónico válido para as notificacións e informacións que remitirá a UDC.

Pagamento

Prezo da matrícula:  Decreto de prezos públicos do curso 2021/2022 pendente de publicación

Pagamento en efectivo
Poderá realizarse un pagamento íntegro ou fraccionado da matrícula.
Nese caso pagarase o 1.º prazo nos dez días naturais seguintes ao día de efectuar a matrícula, nos prazos establecidos para esta; o 2.º prazo pagarase entre os días 9 ao 18 de novembro, ambos os dous incluídos; o 3.º prazo pagarase entre os días 11 ao 20 de xaneiro, ambos os dous incluídos, e o cuarto entre os días 1 ao 10 de marzo, ambos os dous incluídos.
Pode realizar o pagamento co impreso do resgardo de matrícula en calquera das entidades bancarias indicadas, ou ben efectuar o pagamento con tarxeta bancaria directamente nunha entidade bancaria ou de forma online.