Acabar coa contaminación por plásticos en todo o mundo
O Día Mundial do Medio Ambiente é unha iniciativa liderada polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) que se organiza anualmente arredor dun tema e serve para centrar a atención nun problema particularmente urxente. Este ano, 2025, céntrase nun dos desafíos ambientais máis persistentes e urxentes do noso tempo: a contaminación por plásticos.
Baixo o lema “Deter a contaminación por plásticos”, esta conmemoración busca mobilizar gobernos, empresas, comunidades e particulares ante a crecente evidencia científica sobre os efectos da contaminación por plásticos e invítanos a reducir drasticamente o uso de plásticos dun só uso e transformar a nosa relación co plástico: rexeitalo, reducilo, reutilizalo, reciclalo e, sobre todo, repensalo para construír un futuro máis limpo e sostible.
Este 5 de xuño de 2025, o mundo non só conmemora, senon que actúa ¡!
https://www.un.org/es/observances/environment-day
A investigación do Instituto de Medio Ambiente sobre plásticos e microplásticos:
- Microplásticos no medio ambiente
- LAnd-Based solutions for PLAStics in the Sea (LABPLAS) H2020 https://labplas.eu/
- Integrated approach on the fate of Microplastics (MPs) towards healthy marine ecosystems. (Enfoque integrado sobre el destino de MicroPlásticos (MPs) hacia ecosistemas marinos saludables). MicroplastiX – JPI Oceans https://www.microplastix.org/
- Impacto de microplásticos, contaminantes regulados y emergentes en ecosistemas marinos y establecimiento de sus criterios de calidad ambiental (IMPACTA)

- Plásticos e Aditivos Plásticos
- Aditivos Plásticos más Seguros para biopolímeros y neumáticos para Ecosistemas Marinos más Saludables (SPLASHMARE) Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
- Biodisponibilidad in-vitro de contaminantes prioritarios en materia particulada atmosférica. Evaluación de riesgos para la salud y predicción de la toxicidad
- Riesgo Potencial y Evaluación Ambiental de los Procesos de Biodegradación y Reciclado de Plásticos (RisBioPlas) Ministerio de Ciencia, Innovación https://udc.es/es/iuma/Resultados/proxecto-risbioplas/
- Alternativas Ambientalmente Respetuosas para Polímeros y sus Aditivos Químicos en Medio Acuático (ARPA-ACUA) Ministerio de Economía y Competitividad

- Mellora nas metodoloxías de análise de micro e nanoplásticos

- Divulgación científica - Obradoiros sobre microplásticos e o seu impacto no Medio Ambiente