|
Actividade de tratamento |
Xestión da contratación pública efectuada pola UDC |
|---|---|
|
Responsable do tratamento |
Universidade da Coruña (Servizo de Contratación, Patrimonio e Xestión Económica) |
|
Finalidade |
Xestión dos contratos do sector público efectuados pola UDC. |
|
Categorías de datos |
Datos identificadores: nome e apelidos, NIF, dirección postal, correo electrónico, teléfono; datos bancarios; datos de solvencia económica. Datos médicos no caso de contratos no sector dos seguros. |
|
Lexitimación |
Art. 6.1.c) RXPD: cumprimento dunha obriga legal do responsable do tratamento: · Lei 9/2017, 8-11, de Contratos do Sector Público. · Lei 50/1980, 8-10, de Contrato de Seguro. |
|
Persoas interesadas |
Persoal da UDC; persoas físicas e xurídicas que conclúen contratos coa UDC; persoas físicas e xurídicas que teñan a condición de subcontratistas. |
|
Cesións de datos |
Os datos empregados no ámbito da contratación do sector público están sometidos ás esixencias de transparencia e publicidade estipuladas na Lei 9/2017, 8-11, de Contratos do Sector Público; Lei 19/2013, 9-12, de Transparencia, Acceso á información pública e Bo Goberno e Lei 1/2016, 18-1, de Transparencia e Bo Goberno de Galicia. Os datos manexados polas persoas físicas e xurídicas que conclúen un contracto do sector público coa UDC poden ser cedidos a terceiras persoas que teñan a condición de subcontratistas. |
|
Transferencias internacionais de datos |
Non están previstas. |
|
Período de conservación |
Os datos conservaranse de forma indefinida, debidamente bloqueada durante o tempo esixido na normativa sectorial específica, a efectos da posible esixencia de responsabilidades legais. |
|
Medidas de seguridade |
Aplicaranse as medidas de seguridade implantadas pola Universidade en execución do Esquema Nacional de Seguridade (Real decreto 311/2022, 3-5) |