Tratamento de datos persoais con fins académicos ou formativos

Enquisas de avaliación docente

Actividade de tratamento

Realización de enquisas de avaliación docente

Responsable do tratamento

Universidade da Coruña (Vicerreitoría de oferta académica)

Finalidade

Avaliación do desenvolvemento da docencia nas diversas titulacións da UDC.

Categorías de datos

Datos identificadores: correo electrónico. Datos académicos (titulación e materias no caso do alumnado, POD no caso do profesorado)

Lexitimación

Art. 6.1.e) RXPD: cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, e dunha obriga legal, por parte da responsable do tratamento (LO 2/2023, 22-3, do Sistema Universitario e Lei 6/2013, 13-6, do Sistema Universitario de Galicia).

Persoas interesadas

Alumnado e profesorado da UDC.

Cesións de datos

Non están previstas.

Transferencias internacionais de datos

Non están previstas.

Período de conservación

Os datos conservaranse bloqueados con fins de arquivo en interese público e estatísticos.

Medidas de seguridade

Aplicaranse as medidas de seguridade implantadas pola Universidade en execución do Esquema Nacional de Seguridade (Real decreto 311/2022, 3-5)