Tratamento de datos persoais con fins de xestión

Xestión das retribucións e prestacións sociais do persoal

Actividade de tratamento

Xestión das retribucións e prestacións sociais do persoal da UDC

Responsable do tratamento

Universidade da Coruña (Servizo de Retribucións, Seguridade Social e Acción Social)

Finalidade

Xestión das retribucións dos traballadores da UDC, nóminas e seguros sociais; e xestión e tramitación das prestacións de acción social.

Categorías de datos

Datos identificadores: nome e apelidos, DNI, correo electrónico, posto de traballo; datos bancarios. Datos de saúde, de circunstancias persoais e familiares e de afiliación sindical.

Lexitimación

Art. 6.1.c) RXPD: cumprimento dunha obriga legal do responsable do tratamento (Real decreto  lexislativo 5/2015, 30-10, Estatuto básico do empregado público; Lei 2/2015,
29-4, do emprego público de Galicia e Real decreto lexislativo 2/2015, 23-10,
Texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores; Real decreto lexislativo 8/2015, 30-10, Lei xeral de Seguridade Social).
Art. 6.1.a) RXPD: o consentimento da persoa interesada en relación co dato de afiliación sindical, no suposto previsto no art. 11.2 da Lei Orgánica 11/1985, 2-8, de liberdade sindical

Persoas interesadas

Persoal da UDC.

Cesións de datos

Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Instituto Nacional da Seguridade Social.

Bancos e entidades financeiras.

Transferencias internacionais de datos

Non están previstas.

Período de conservación

Os datos conservaranse de forma indefinida.

Medidas de seguridade

Aplicaranse as medidas de seguridade implantadas pola Universidade en execución do Esquema Nacional de Seguridade (Real decreto 311/2022, 3-5)