Incorporar a perspectiva de xénero na docencia e na investigación

Como incorporar a perspectiva de xénero na docencia que imparto na universidade?

Utiliza o cuestionario (ligazón ao cuestionario) elaborado pola profesora Rocío Díez Ros et.al (Universitat d'Alacant) para reflexionar sobre aqueles aspectos da tua praxis docente que podes cambiar ou mellorar para incorporar a perspectiva de xénero nos contidos que impartes na aula. Despois podes ver exemplos para distintas disciplinas, recollidos por expertas, nas guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.

Por último, consulta o apartado de outros recursos, para obter mais información.

 

Guias para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.

Trátase dunha colección de once guías temáticas promovida e editada orixinalmente en catalán pola Xarxa Vives d’Universitats e trasladada a lingua galega. Ofrece propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta para unha docencia universitaria sen nesgos de xénero en diferentes disciplinas e ámbitos de coñecemento.

A colección, publicada conxuntamente polas tres universidades públicas galegas, responde ao interese de proporcionar material didáctico ao profesorado universitario, co fin de favorecer, facilitar e promover a inclusión da perspectiva de xénero nas materias que se imparten na educación superior galega.

O día 10 de setembro celebrouse o acto de presentación desta nova ferramenta didáctica. A xornada contou ca participación dos tres reitores e parte das autoras das guías (ligazón ao vídeo da presentación)

 

Area de coñecemento Autoría
Administración e Dirección de Empresas NURIA RODRÍGUEZ ÁVILA
PILAR LÓPEZ-JURADO GÓNZÁLEZ
Antropoloxía JORDI ROCA GIRONA
Arquitectura M. ELIA GUTIÉRREZ-MOZO; ANA GILSANZ-DÍAZ; CARLOS BARBERÀ-PASTOR; JOSÉ PARRA-MARTÍNEZ 
Ciencias da Computación PALOMA MOREDA POZO
Ciencias da Actividade Física e do Deporte PEDRONA SERRA PAYERAS
SUSANNA SOLER PRAT
Comunicación MARIA FORGA MARTEL
Dereito e Criminoloxía M. CONCEPCIÓN TORRES DÍAZ
Docencia en Liña IOLANDA GARCÍA GONZÁLEZ; MIRIAM ARENAS CONEJO 
Educación e Pedagoxía MONTSERRAT RIFÀ VALLS
Enfermaría M. ASSUMPTA RIGOL CUADRA; DOLORS RODRÍQUEZ MARTÍN 
Enxeñarías Agrarias MARÍA DOLORES RAIGÓN JIMÉNEZ
Enxeñaría Electrónica de Telecomunicación SÒNIA ESTRADÈ ALBIOL 
Enxeñaría Industrial ELISABET MAS DE LES VALLS ORTIZ 
MARTA PEÑA CARRERA
Enxeñaría Naval, Mariña e Náutica CLAUDIA BARAHONA-FUENTES
MARCEL LA CASTELLS-SANABRA
Enxeñaría Multimedia SUSANA TESCONI 
Filoloxía e Lingüística MONTSERRAT RIBAS BISBAL
Filosofía SONIA REVERTER-BAÑÓN
Física ENCINA CALVO IGLESIAS
Historia MÓNICA MORENO SECO
Historia da Arte M. LLÜISA FAXEDAS BRUJATS
Matemáticas IRENE EPIFANIO LÓPEZ
Medicina MARÍA TERESA RUIZ CANTERO
Psicoloxía ESPERANZA BOSCH FIOL
SALUD MANTERO HEREDIA
Socioloxía, Economía e Ciencia Política ROSA MARÍA ORTIZ
ANNA MARÍA MORENO BELTRÁN
Traballo Social

OZGÜR GUNES ORTÜRK OKUMUS
MARIONA LLADOSONA LATORRE

Xeografía

MARIA PRATS FERRET
MIREIA BAYLINA FERRÉ

 

 

Outros recursos

Introdución da perspectiva de xénero na docencia universitaria

Dimensión de género en la I+D+i

Repositorio da Universidade de Alicante

Recursos para a Introdución da perspectiva de xénero na docencia 

Guías para o uso dunha linguaxe inclusiva