Aulas de estudo e bibliotecas

Aulas de estudo

A Universidade acondicionou as aulas de estudo cuns códigos QR, instalados en cada posto habilitado, para a trazabilidade dos contaxios por Covid-19. Os usuarios e usuarias das aulas de estudo da UDC deberanse rexistrar ao chegar e ao saír. Para iso deberán escanear o código QR que atoparán en cada posto que dirixirá ao formulario de rexistro. O rexistro hai que o facer dúas veces:

  • Cando se accede á aula (queda gravada a hora de entrada)
  • Cando se abandona a aula (queda gravada a hora de saída)

Debido á actual crise sanitaria provocada pola COVID-19, limitáronse as prazas dispoñibles para cumprir coas normas. O acceso estará limitado á comunidade universitaria da UDC e ao alumnado doutras universidades coas que exista convenio. As aulas de estudo estarán abertas a partir do día 1 de marzo cumprindo coas medidas publicadas no DOG do 25/02/2021.

Prazas dispoñibles:
Xoana Capdevielle (campus de Elviña): 110 prazas
Centro Universitario de Riazor (campus de Riazor): 237 prazas
Espazo de estudo 1: 15 prazas
Espazo de estudo 2: 123 prazas
Espazo de estudo 3: 36 prazas
Espazo de estudo 4: 32 prazas
Espazo de estudo 5: 31 prazas
Edificio de Apoio ao Estudo, campus de Ferrol: 64 prazas

Horario habitual
De luns a venres: das 8:00h. ás 21.45h. Este horario queda condicionado ás medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, que de ser o caso pechará media hora antes do toque de queda establecido. 

Horario en Semana Santa
Do 29 de marzo ao 31 de marzo (ambos os dous incluídos).
das 08.45h ás 20:45h. Este horario queda condicionado ás medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, que de ser o caso pechará media hora antes do toque de queda establecido. 

Horario en época de exames
Do 24 de abril ao 31 de maio (ambos os dous incluídos):

De luns a venres: das 08:00h. ás 02:00h. da madrugada.
Sábados, domingos e festivos: das 09:00h. ás ás 02:00h. da madrugada.
Este horario queda condicionado ás medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, que de ser o caso pechará media hora antes do toque de queda establecido.

Do 1 de xuño ao 18 de xullo (ambos os dous incluídos):
De luns a domingos e festivos: das 09:00h. ás 02:00h. da madrugada.
Este horario queda condicionado ás medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, que de ser o caso pechará media hora antes do toque de queda establecido.

Bibliotecas

Ademais do uso destes espazos para que o alumnado poida estudar (que non dependen do Servizo de biblioteca), a rede de bibliotecas universitarias ten habilitadas diversas prazas para estudo dentro dun horario determinado. Lembrámosvos que as bibliotecas só abren de luns a venres.

A cita previa poderá solicitarse en: https://www.udc.es/biblioteca/gestion_online/cita-previa/. Todas as bibliotecas están abertas ao público para o préstamo, devolución, estudo e consulta en sala de documentos. É posible acceder ás estanterías agás a Biblioteca da Facultade de Educación, a Biblioteca da Facultade de Filoloxía e a Biblioteca Casa do Patín. Organización dos servizos por mor da pandemia: Cambios nos servizos durante a pandemia da Covid19