Traballos fin de grao/máster

Nesta páxina poderás atopar toda a información para a solicitude e desenvolvemento do Traballo fin de Grao (TFG) e Traballo fin de Máster (TFM) 

Todos os estudantes para obter o seu título (Grao/Máster) deben realizar un traballo de fin de grao/máster. Estes traballos son propostos por diferentes profesores do centro dúas veces ao ano. Cada un destes traballos ten un título e unha breve descrición, que dá unha idea do que trata ese traballo. O que debes facer é decidir cal deles é de interese para ti e falar co profesor que o propuxo para que che informe con máis detalle sobre o traballo que debes realizar e o tempo estimado para o seu desenvolvemento.