Coa finalidade de garantir a igualdade de oportunidades das familias con rendas baixas, a Universidade da Coruña (UDC) publica a convocatoria de bolsas propias de comedor para o estudantado matriculado nun centro propio da UDC en estudos oficiais de grao ou máster, a tempo completo, no réxime presencial, e que manteña a matrícula durante todo o curso académico 2024/25.
O importe de cada bolsa ascende a cincocentos euros (500,00 €), que se aboarán nun único pagamento.
Revisa as bases completas da convocatoria na seguinte ligazón:
Convocatoria de bolsas do plan propio da Universidade da Coruña- bolsas comedor, curso 2024/25
Só poderás solicitala se cumpres polo menos un dos seguintes requisitos:
O prazo para presentar a túa solicitude serán un dos seguintes:
1º prazo: desde o seguinte día hábil á publicación desta convocatoria ata as 23:59 horas do día 31/10/2024
- Para o alumnado aloxado, durante todo o curso académico 2024/25, nunha residencia universitaria da UDC, no marco da convocatoria de prazas nas residencias públicas universitarias dos campus de Ferrol e A Coruña
- Para o alumnado que teña unha axuda concedida do Programa Abriga do plan propio da UDC
2º prazo: Unha vez publicada, no Taboleiro Electrónico Oficial da UDC, a resolución coa concesión das axudas por dificultades económicas do curso 2024-2025, ábrese este prazo dende o 7 de maio ata o 15 de maio de 2025.
- Para o alumnado que teña concedida unha axuda da convocatoria da UDC por dificultades económicas no curso 2024/25
Para presentar a súa solicitude debe encher o formulario que atopará premendo no seguinte botón.
Ao dito formulario só poderán acceder, nos correspondentes prazos indicados, as persoas que cumpran algún dos devanditos requisitos
Podes consultar a publicación da listaxe definitiva de axudas concedidas na seguinte ligazón:
Listaxe Definitiva Comedor 24-25 (segundo prazo)
O prazo de aceptación remata o 12/06/2025. Lembra que é imprescindible a aceptación da bolsa e a alta dunha conta bancaria na UDC, tal e como se indica na propia resolución.
Podes consultar a publicación da listaxe provisional de axudas concedidas no segundo prazo de solicitude (alumnado coa axuda de dificultades económicas concedida) na seguinte ligazón:
Listaxe Provisional Bolsas Comedor 24-25