O Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios de España (SICUE) é un programa de mobilidade nacional de estudantes universitarios, promovido por Crue-Asuntos Estudiantís e Crue-Internacionalización e Cooperación, que leva funcionando desde o ano 2000. Este programa permite aos estudantes realizar un período de estudos en unha institución universitaria española distinta a aquela na que o alumno se encontra matriculado, con garantías de recoñecemento académico e de aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular.
Na Universidade da Coruña, para o próximo curso 2020/2021, participamos neste programa con acordos bilaterais con 51 universidades españolas e cunha oferta de máis de 450 prazas para estudos de grao.
A continuación poderás ver a información referente ao programa de mobilidade para o próximo curso académico 2020/2021 e o xeito de presentar a túa solicitude de participación.
Para calquera consulta pódeste dirixir ao Coordinador/a SICUE do teu Centro ou ao Servizo de Estudantes ao correo electrónico: sicue@udc.es
Se queres revisar a información referente ao presente curso académico 2019/2020 pódelo facer na seguinte ligazón:
A partir deste curso académico a tramitación deste programa de mobilidade nacional SICUE será realizada pola Oficina de Relacións Internacionais (ORI).
Podes atopar as páxinas con máis información nas seguintes ligazóns:
Para poder solicitar plaza no programa de intercambio SICUE para el curso 2020-2021, establécense os seguintes requisitos xerais no plan de estudos no que solicites a mobilidade:
O resto de requisitos, o procedemento, o desenvolvemento do programa e o recoñecemento destes estudos realízase nos termos previstos na Normativa de xestión académica da UDC, pola propia normativa do Programa SICUE para o curso 2020/2021 emitida pola Conferencia de Rectores de Universidades Españolas CRUE e polo establecido na convocatoria propia da Universidade da Coruña para o curso 2020/2021.
Este programa de intercambio de alumnos entre universidades españolas non dá dereito a axuda económica.
O prazo de solicitude permanecerá aberto ate as 23:59 h do día 13 de marzo de 2020
Lembra que antes de presentar a túa solicitude debes ter o visto e prace do/da coordinador/a SICUE do teu Centro.
Podes atopar aquí a relación de coordinadores SICUE da UDC para o curso 2020/2021
Para coñecer o resto dos requisitos (as particularidades para o teu caso concreto), como se desenvolvera o intercambio e o procedemento a seguir para túa participación debes revisar a convocatoria propia da UDC, a normativa citada e o resto da información que podes atopar nas ligazóns que se indican a continuación.
Nos seguintes apartados atoparas a oferta de prazas, para que selecciones as do teu interes, e o acceso ao formulario de solicitude.
Información para ESTUDANTES ENTRANTES das Universidades con acordo bilateral
Aquí atoparas a informacíon do procedemento a seguir, plazos, matrícula e un resumo dos principais servizos que terás á túa disposición durante tu estancia en nuestra Universidad.
A Comisión de Valoración do programa de mobilidade acordou a publicación de:
Establécese un prazo de 5 días hábiles, do 6 ao 10 de xullo, para a presentación de:
A presentación da aceptación ou renuncia da praza obtida realizarase a través do formulario, ao que podes acceder premendo no botón que figura a continuación, e engadindo ao mesmo o impreso de aceptación ou impreso de renuncia debidamente asinado, no caso de firma manual debe achegarse escaneado ou fotografado, e nomeado segundo o que se indica no formulario.
No caso de que teñas dúbidas ao respecto da situación actual na túa universidade de destino, contacta co/coa coordinador/a SICUE do seu centro
Revisa aquí a resolución definitiva con adxudicación de prazas, lista de espera e exclusións
Relación provisional de solicitudes admitidas, ordenadas pola nota media do expediente, e excluídas, coa indicación da causa de exclusión
Establecese un prazo de 10 días hábiles, que remata o día 25/06/2020, para presentación de:
No caso de que teña dúbidas ao respecto da situación actual na súa posible universidade de destina para a súa titulación, contacte co/coa coordinador/a SICUE do seu centro